Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A COMPAÑÍA FUNDADA POR ROBERTO VIDAL BOLAÑO REAPARECE NOS ESCENARIOS DA MAN DE LAURA PONTE E ROI VIDAL

Teatro Antroido estrea mañá en Rianxo 'BailadELAS. Mulleres bolañesas' en coprodución co CDG Documento anexo

[03/05/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coproduce, a través do Centro Dramático Galego (CDG), o espectáculo BailadELAS. Mulleres bolañesas, que Teatro Antroido estrea mañá sábado ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo. A compañía coa que Roberto Vidal Bolaño iniciara hai 35 anos o proceso de profesionalización teatral en Galicia regresa agora aos escenarios cunha proposta en homenaxe ao seu fundador, da man da actriz Laura Ponte, codirectora xunto a el da formación orixinal, e de Roi Vidal, o fillo de ambos.

O PERCORRIDO DÁ COMEZO COAS FUNCIÓNS DO VENRES 3 NO TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO DO BARCO DE VALDEORRAS E O DOMINGO 5 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Cultura e Educación inicia na provincia de Ourense a xira do espectáculo do Centro Dramático Galego "Días sen gloria", de Roberto Vidal Bolaño Documento anexo

[30/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comeza na provincia de Ourense a xira da produción do Centro Dramático Galego (CDG) Días sen gloria, versión da obra de Roberto Vidal Bolaño dirixida por Fefa Noia, que esta semana se representa no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e no Teatro Principal de Ourense.

ORGANIZADA POLA AULA DE TEATRO DA USC, AMOSA OS ÚLTIMOS TRABALLOS ESCÉNICOS DE 16 COMPAÑÍAS UNIVERSITARIAS GALEGAS

O Salón Teatro ofrece dez funcións da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia Documento anexo

[29/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na celebración da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia a través da cesión do Salón Teatro de Santiago para acoller 10 representacións que terán lugar desde hoxe e ata o mércores 8 de maio como parte desta carteleira, que a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a desenvolver en diferentes espazos da cidade.

VIAXARÁ ADEMAIS O DOMINGO 28 A ELXE PARA PARTICIPAR NA MOSTRA ABRIL EN DANZA

Cultura e Educación contribúe á celebración do Día da Danza con seis actuacións especiais do Centro Coreográfico xunto a distintas escolas de baile

[25/04/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe á celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril, cunha serie de actuacións do Centro Coreográfico Galego compartidas con escolas de baile de distintas localidades. A estas accións especiais, que terán lugar entre o 28 de abril e o 15 de maio en Lugo, Arteixo, Pontevedra e Ponteceso, súmase a presenza da compañía pública galega na carteleira do festival Abril en Danza de Elxe (Alacante) o domingo 28 de abril.

A MONTAXE QUE DIRIXE FEFA NOIA A PARTIR DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO DESPÍDESE DE SANTIAGO CON REPRESENTACIÓNS O VENRES 26 E O SÁBADO 27, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 28, ÁS 18.00 H

O CDG ofrece tres últimas funcións da súa produción "Días sen gloria" no Salón Teatro antes de iniciar unha xira por outros once escenarios Documento anexo

[24/04/2013] O espectáculo Días sen gloria, producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego, entra na recta final da súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde esta fin de semana ofrecerá tres últimas funcións -venres 26 e sábado 27, ás 20.30 horas, e domingo 28, ás 18.00 h- antes de emprender unha xira de dous meses por outros 11 escenarios de Galicia e Portugal.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: