Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO DA USC CELÉBRASE DESDE HOXE E ATA O SÁBADO NO ESPAZO COMPOSTELÁN, CUNHA FUNCIÓN DIARIA ÁS 21.00 HORAS

Cinco compañías universitarias actúan esta semana no Salón Teatro de Cultura e Educación dentro da nova edición do FITU Documento anexo

[04/03/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) no desenvolvemento do XIX Festival Internacional de Teatro Universitario, que se celebra desde hoxe e ata o sábado 9 no Salón Teatro. Cinco compañías universitarias de Galicia, Murcia, Poloña e Portugal amosarán os seus últimos espectáculos no espazo escénico da Xunta de Galicia, que durante esta semana acollerá unha representación diaria ás 21.00 horas.

SERÁ O SÁBADO DÍA 2 E OS ESPECTADORES SITUARÁNSE NUNHA GRADA SOBRE O ESCENARIO

O Salón Teatro abre ao público o proceso de creación de "Symon Pédícrí" como final da residencia artística de Diego Anido no CDG Documento anexo

[28/02/2013] O Salón Teatro de Santiago de Compostela ofrece este sábado 2 de marzo, ás 20.30 horas, unha mostra pública do proceso de creación de Symon Pédícrí , o novo espectáculo do performer Diego Anido, quen conclúe así a residencia artística que vén desenvolvendo desde mediados de mes no Centro Dramático Galego (CDG) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

DIRIXIDA POR PALOMA LUGILDE, A PRIMEIRA FUNCIÓN TERÁ LUGAR O DOMINGO DÍA 3 NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO

Cultura e Educación apoia a través do CDG a estrea de "Animaliños" pola Compañía de Teatro da USC-Lugo Documento anexo

[27/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela-Compañía de Teatro do Campus de Lugo na posta en escena da súa adaptación libre de Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño, no marco da programación especial que o Centro Dramático Galego (CDG) dedica este ano 2013 ao autor homenaxeado no Día das Letras.

A UNIDADE DE DANZA DA XUNTA OFRECEU UN TOTAL DE 12 FUNCIÓNS EN SETE ESCENARIOS GALEGOS NUNHA PRIMEIRA QUENDA DE REPRESENTACIÓNS DA SÚA VERSIÓN DO CLÁSICO DE TCHAIKOVSKI E PETIPA

A xira do "Quebranoces" do Centro Coreográfico Galego congregou xa máis de 13.400 espectadores Documento anexo

[25/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu máis de 13.400 espectadores durante a xira que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolveu entre os meses de decembro e febreiro coa súa versión do ballet clásico Quebranoces, da que ofreceu un total de 12 funcións en sete escenarios de toda Galicia.

AS REPRESENTACIÓNS DESTA CREACIÓN COLECTIVA, A PARTIR DA OBRA ‘NOITE DE REIS’ DE SHAKESPEARE, TERÁN LUGAR O VENRES E O SÁBADO ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO ÁS 18.00

O Salón Teatro de Cultura e Educación ofrece esta fin de semana tres funcións da comedia "Iliria" de Elefante Elegante Documento anexo

[20/02/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver no Salón Teatro de Santiago unha programación integramente dedicada á escena galega, no marco da que a compañía Elefante Elegante representará esta fin de semana o espectáculo Iliria, a súa particular revisión da obra Noite de reis de William Shakespeare.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: