AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

TERÁN LUGAR OS XOVES TRAS A FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO

Comezan no Salón Teatro os Encontros co Público do equipo de 'Divinas Palabras Revolution' Documento anexo

[18/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma mañá as funcións para público xeral da súa nova produción propia, Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar, así mesmo, o primeiro dos dous Encontros co Público desta produción, durante os que os espectadores que asistan aos pases dos xoves terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo artístico do espectáculo ao remate da súa representación.

DIRIXIDA POR XRON, ESTRÉASE ESTE XOVES NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

A nova produción do CDG converte os personaxes de Valle-Inclán en concursantes do 'reality' Divinas Palabras Revolution Documento anexo

[10/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a estrea de Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia, que erguerá por primeira vez o pano este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous meses por outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid.

A NOVA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DIRIXIDA POR XRON A PARTIR DA COÑECIDA OBRA DE VALLE-INCLÁN, OFRECERÁ 16 FUNCIÓNS PARA PÚBLICO XERAL E ESCOLAR NO SALÓN TEATRO

'Divinas Palabras Revolution' entra na recta final dos ensaios cara á estrea do 12 de abril en Santiago

[01/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) encara xa a recta final da produción do seu novo espectáculo, Divinas Palabras Revolution, que o equipo artístico e técnico continúa a ensaiar no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A estrea terá lugar o xoves día 12 neste mesmo espazo, sede da compañía pública, onde están programadas máis de dúas semanas de representacións tanto para público xeral como en campaña escolar.

Xornada de portas abertas

O Centro Dramático Galego ábrelle a súa sede ao público para festexar o Día Mundial do Teatro Documento anexo

[23/03/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios.

ESTREA, O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO

Avanza a produción de 'Divinas Palabras Revolution' como adaptación desinhibida da obra de Valle-Inclán Documento anexo

[14/03/2018] Cumprido o primeiro mes de ensaios de Divinas Palabras Revolution, o novo espectáculo que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, o seu equipo artístico e técnico avanza na materialización de todos os elementos escénicos que contribuirán a situar no tempo presente a coñecida obra de Valle-Inclán.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: