Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

SERÁ ESTE DOMINGO DÍA 13 NO PAZO DA CULTURA ÁS 21:00H

O Outono de Teatro de Carballo estrea o espectáculo "Symon Pédícrí", que contou co apoio do CDG na súa fase de creación

[11/10/2013] O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo estreará este domingo día 13 o espectáculo Symon Pédícrí, do galego Diego Anido, proxecto apoiado pola Consellería de Cultura e Educación a través dunha residencia artística desenvolvida no Centro Dramático Galego (CDG) como parte do proceso creativo desta proposta escénica.

CDG E TEATRO DO NOROESTE COPRODUCEN ESTA MONTAXE, CON DIRECCIÓN DE EDUARDO ALONSO A PARTIR DA OBRA DE VIDAL BOLAÑO

Máis de 1.300 alumnos de toda Galicia asistirán ao espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol" dentro da súa campaña escolar no Salón Teatro Documento anexo

[07/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá a campaña escolar arredor do espectáculo Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que durante a súa estadía no Salón Teatro de Santiago congregará máis de 1.300 alumnos de 20 centros educativos de toda Galicia. Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG) coproducen esta montaxe, dirixida por Eduardo Alonso, a través da que afondan na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.

DIRIXIDA POR EDUARDO ALONSO, ESTA MONTAXE PARA PÚBLICO FAMILIAR ESTRÉASE O VENRES 4 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

CDG e Teatro do Noroeste achegan a obra de Vidal Bolaño aos máis novos coa coprodución "Touporroutou da lúa e do sol" Documento anexo

[02/10/2013] Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, estrean este venres día 4, ás 19.00 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo para público familiar Touporroutou da lúa e do sol, de Roberto Vidal Bolaño, que ambas as compañías coproducen co obxectivo de afondar na divulgación da figura e da obra do autor compostelán entre os espectadores máis novos.

O CDG ADIANTOU AS LIÑAS DO SEU PROGRAMA 2013-14, CO QUE ENTRA NO ANO EN QUE SE CONMEMORA O TRINTA ANIVERSARIO DA SÚA FUNDACIÓN

O Centro Dramático Galego presenta a súa nova temporada escénica cos autores Eugene O'Neill e Carlos Casares como protagonistas Documento anexo

[27/09/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a temporada escénica 2013-2014 do Centro Dramático Galego (CDG), durante a que a compañía pública producirá o drama Longa viaxe cara á noite, do estadounidense Eugene O’Neill, e recuperará o seu exitoso espectáculo As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, a partir da obra de teatro infantil de Carlos Casares. Nesta nova programación, que dá comezo o vindeiro 4 de outubro coa estrea de Touporroutou da lúa e do sol xunto a Teatro do Noroeste, o CDG avanza tamén no seu plan de coproducións a través das montaxes de A tempestade, en colaboración coa compañía galega Voadora, e Sem herói nem reino, coa portuguesa Companhia de Teatro de Braga e a angoleña Elinga Teatro.

ESTA NOVA VERSIÓN DA OBRA DE TEATRO INFANTIL DE VIDAL BOLAÑO FORMA PARTE DA PROGRAMACIÓN QUE A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN DEDICA ESTE ANO AO DRAMATURGO COMPOSTELÁN

Comezan os ensaios do espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol" que o Centro Dramático Galego coproduce con Teatro do Noroeste Documento anexo

[20/08/2013] Teatro do Noroeste e o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, inician esta semana os ensaios do espectáculo Touporroutou da lúa e do sol, obra de teatro infantil escrita por Roberto Vidal Bolaño que ambas as dúas compañías coproducen no marco da programación especial que a Xunta de Galicia dedica este ano ao dramaturgo homenaxeado no Día das Letras.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: