[11/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria retoma esta semana o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais’, que nos vindeiros mércores e xoves deste mes, ás 19.00 horas, ofrecerá no Salón Teatro de Santiago as últimas seis proxeccións arredor doutros tantos espectáculos escritos e/ou dirixidos polo dramaturgo compostelán. Esta carteleira enmárcase na programación especial que o Centro Dramático Galego (CDG) está a organizar durante todo este ano en homenaxe ao autor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2013.
[07/11/2013] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o proceso de selección de 12 bailaríns e bailarinas para integrar o corpo de baile dos espectáculos producidos polo Centro Coreográfico Galego.
[06/11/2013] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece mañá xoves, ás 20.30 h, a representación do espectáculo ‘Adivinhe quem vem para rezar’ pola compañía portuguesa Seiva Trupe. Esta é a segunda das funcións que acolle a sede do Centro Dramático Galego como parte do circuíto Troco x Troco de intercambio teatral entre Portugal e Galicia.
[31/10/2013] O programa de intercambio teatral Troco x Troco, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a asociación portuguesa Cena Lusófona, foi o marco dun encontro celebrado esta mañá na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela arredor da obra ‘Sabe deus pintar o diabo’, que a Companhia de Teatro de Braga (CTB) pon en escena hoxe ás 20.30 horas no Salón Teatro.
[28/10/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este xoves día 31, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo da Companhia de Teatro de Braga (CTB) Sabe deus pintar o diabo, co que a sede do Centro Dramático Galego (CDG) se incorpora ao circuíto de intercambio teatral entre Portugal e Galicia Troco x Troco.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores