[03/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia o XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán, que se desenvolve en Santiago de Compostela entre os próximos días 5 e 8 de decembro cunha carteleira de seis espectáculos a cargo doutras tantas compañías de escena de ámbito afeccionado procedentes de distintos puntos da xeografía galega.
[28/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta fin de semana no Salón Teatro dúas funcións extraordinarias do espectáculo de Cándido Pazó ‘Memoria das memorias dun neno labrego’, que celebra aquí o centenar de representacións desta adaptación teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas. Estas representacións especiais terán lugar o sábado 30 de novembro ás 20.30 horas e o domingo 1 de decembro ás 18.00 h.
[25/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pecha no Salón Teatro de Santiago o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais’, do que esta semana se ofrecerán as dúas últimas sesións sobre cadanseu espectáculo escrito e dirixido polo dramaturgo compostelán. Este mércores 27 o programa lembrará a posta en escena de ‘Rastros’, mentres que ‘Caprice des dieux’ centrará a derradeira xornada o xoves 28. Ambas as citas terán lugar ás 19.00 horas e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
[19/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta semana no Salón Teatro de Santiago dous novos encontros audiovisuais do programa ‘Vidal Bolaño recuperado’, que na sesión de mañá mércores 20 abordará a montaxe de ‘A burla do galo’ e na do xoves 21, a de ‘Mar revolto’, ambas as dúas realizadas a partir dos textos que o dramaturgo compostelán escribiu ex profeso para o Centro Dramático Galego (CDG).
[18/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou un total de 145 bailaríns e bailarinas para participar nas audicións que o Centro Coreográfico Galego está a desenvolver hoxe na súa sede da Coruña co obxectivo de seleccionar o corpo de baile co que contará a compañía pública de danza para a temporada 2013-14.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores