[18/11/2021] O Centro Dramático Galego cruzará por primeira vez o Atlántico para representar a produción 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, en Arxentina e Uruguai. Deste xeito, a unidade teatral da Xunta, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, levará esta adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos Aires, os días 1 e 2 de decembro.
[17/11/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, e a Fundación Rogelio Groba estrean este venres a coprodución 'O neno Groba e Música, dirixida e interpretada por Ramiro Neira. A representación terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez ás 20,30 horas e as entradas poranse á venda o mesmo día unha hora antes, ata completar a cabida da sala.
[17/11/2021] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará o venres 19 no Auditorio Municipal de Vigo. Haberá unha única representación ás 20,00 h., para a que xa se poden adquirir as entradas en www.giglon.com. Na mesma xornada, a unidade teatral da Xunta e o colectivo de investigación e creación escénica Vaiembora estrean tamén en Vigo a coprodución 'Cariño'. Desta peza haberá tres funcións ao longo da fin de semana na sala Ártika, todas ás 20,00 h., con entradas xa á venda en www.vaiembora.com.
[14/11/2021] A compañía de teatro aAntena resultou adxudicataria da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada pola Xunta, polo que coproducirá co Centro Dramático Galego un espectáculo a partir do texto 'Relato para un incendio', de Ernesto Is, elixido na primeira fase da iniciativa. Os beneficiarios recibirán unha achega de 12.000 euros para a posta en escena da montaxe no prazo de 12 meses a partir da sinatura do contrato. Deste xeito, complétase o obxectivo da bolsa de garantir o acompañamento integral dunha peza, desde a escrita ata a produción e distribución.
[10/11/2021] 'O charco de Ulises', a produción do Centro Dramático Galego, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará o venres 12 no Teatro Principal de Ourense, cunha única representación ás 20,00 horas. As entradas están xa á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes o propio día, de 12,00 a 14,00 h., e desde dúas horas antes do inicio da sesión.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 Ver novas anteriores