Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

VIAXARÁ DESPOIS A BARCELOS, NARÓN, A ESTRADA, A CORUÑA, RIANXO, OURENSE, VIGO, TUI E O BARCO

O Centro Dramático Galego inicia en Braga e en Pontevedra a xira galego-portuguesa do espectáculo 'Longa viaxe cara á noite' Documento anexo

[09/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva esta semana o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Longa viaxe cara á noite’ a Braga e a Pontevedra como as primeiras paradas da xira galego-portuguesa que durante dous meses exhibirá a última produción da compañía teatral pública nun total de once escenarios.

SERÁN O LUNS 7 E O MARTES 8 ÁS 20:30 HORAS

O Salón Teatro de Santiago acolle dúas funcións do espectáculo do Centro Coreográfico Galego 'Full House' Documento anexo

[05/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este luns 7 de abril e o martes día 8 dúas funcións no Salón Teatro de Santiago de Compostela do espectáculo ‘Full House’, a última produción de danza contemporánea do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada por Johan Inger.

INICIARÁ A CONTINUACIÓN UNHA XIRA POR ONCE LOCALIDADES GALEGAS E LUSAS

O Centro Dramático Galego ofrece esta fin de semana as últimas funcións en Santiago do seu espectáculo 'Longa viaxe cara á noite' Documento anexo

[03/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta fin de semana as últimas tres funcións do espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite" do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago. A produción estará no escenario compostelán, onde se estreou o pasado 22 de marzo, mañá venres 4 e o sábado 5 ás 20.30 horas, en tanto que o domingo 6 a representación adiántase ás 18.00 horas.

AS DÚAS PRIMEIRAS FUNCIÓNS SERÁN OS DÍAS 3 E 4 DE ABRIL ÁS 20:30H NO TEATRO ROSALÍA CASTRO DA CORUÑA

Cultura e Educación promove a danza contemporánea coa estrea de 'Full House' a cargo do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[01/04/2014] O Centro Coreográfico Galego da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este xoves día 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña ‘Full House’, unha peza de danza contemporánea creada polo recoñecido coreógrafo sueco Johan Inger para promover en Galicia este tipo de manifestación artística.

SERÁ NO AUDITORIO MUNICIPAL ÁS 20:00 HORAS

O Centro Coreográfico presenta mañá en Cangas o ballet clásico 'A Bela Adormecida' coa participación de alumnos da escola Maite Quiñones

[28/03/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece mañá sábado 29 de marzo en Cangas de Morrazo unha función de ‘A bela adormecida’, a última produción clásica do Centro Coreográfico Galego (CCG) a partir do famoso ballet de Piotr Illich Tchaikovski e Marius Petipa. Alumnos e alumnas da escola de danza canguesa Maite Quiñones participan esta representación, que terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: