Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

PRESENTARÁ EN DIRECTO OS TEMAS DE ‘ÉRASE UN SUEÑO’, O SEU DISCO DE DEBUT

A cantautora asturiana Paula Rojo inaugura este sábado no Salón Teatro o ciclo Íntimo & Acústico Documento anexo

[09/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das sedes da nova edición do ciclo Íntimo & Acústico, que dá comezo neste escenario compostelán o sábado día 11 co concerto que a cantautora asturiana Paula Rojo ofrecerá ás 20.30 horas.

O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE VENRES DÍA 10 DE XANEIRO, ÁS 20.30 H

O sexteto Tempo Catro presenta en directo no Salón Teatro o disco no que pon música a Rosalía Documento anexo

[08/01/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle este venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, un concerto no que o sexteto Tempo Catro presentará en directo os temas incluídos en ‘Os ollos que falan. Rosalía de Castro’, traballo discográfico no que pon música a once poemas de ‘Cantares gallegos’.

A OBRA GAÑADORA EMPREGARASE COMO CARTEL PROMOCIONAL DA MONTAXE QUE A UNIDADE COREOGRÁFICA DA AGADIC ESTREARÁ NA CORUÑA O 21 DE FEBREIRO

O Centro Coreográfico Galego convoca un concurso de debuxo infantil con motivo da produción do ballet 'A bela adormecida' Documento anexo

[05/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un concurso de debuxo para nenas e nenos de 7 a 13 anos de idade arredor do ballet clásico ‘A bela adormecida’, que o Centro Coreográfico Galego prepara nestes momentos cara á súa estrea o 21 de febreiro no Pazo da Ópera da Coruña. O obxectivo desta convocatoria é motivar a creatividade e a curiosidade do público infantil arredor do mundo da danza, facéndoo partícipe do proceso creativo dun espectáculo coreográfico e de todo o traballo previo que queda fóra do alcance do público.

ESTE MUSICAL SOBRE O AMOR REPRESÉNTASE O VENRES 3 E O SÁBADO 4 ÁS 20.30 HORAS

Voadora inaugura a nova carteleira do Salón Teatro con dúas funcións do seu espectáculo 'Waltz' Documento anexo

[01/01/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura esta semana a programación de 2014 do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións do espectáculo ‘Waltz’, da compañía galega Voadora, que terán lugar o venres 3 e o sábado 4 de xaneiro ás 20.30 horas. Desprégase así unha nova carteleira, que durante o primeiro mes do ano ofrecerá un total de 11 citas co teatro e a música, entre as que se atopan as montaxes da formación portuguesa Teatro Bruto e da galega Obras Públicas, ademais dos concertos de Sexteto Tempo Catro, Paula Rojo, Xosé Constenla e Cass McCombs.

O ESCENARIO COMPOSTELÁN OFRECEU NOS ÚLTIMOS DOCE MESES 134 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, 121 PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS E 8 CONCERTOS

O Salón Teatro despide 2013 cun concerto de blues a cargo de Adrián Costa e despois de ter realizado 263 funcións ao longo do ano Documento anexo

[28/12/2013] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despide mañá día 29 a programación de 2013 cun concerto de blues a a cargo de Adrián Costa e despois de ter desenvolvido ao longo de todo o ano un total de 263 actividades abertas ao público, entre funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: