Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

Programa formativo CDGLAB

A Xunta fomenta o encontro do alumnado de artes escénicas co exercicio profesional a través do Centro Dramático Galego

[18/10/2024] O CDGLab, o programa formativo no que colaboran o Centro Dramático Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, iniciou cunha visita técnica ao Salón Teatro a actividade da súa quinta edición para ofrecerlle ao alumnado un achegamento á realidade escénica galega que lle facilite adquirir competencias e habilidades na súa incorporación ao mercado laboral.

'Programação Cultural Portugal-Espanha-50 anos de democracia’

O Centro Dramático Galego e o Concello de Santiago colaboran para a estrea estatal de ‘As bruxas de Salem’ no Auditorio de Galicia

[18/10/2024] Este sábado 19 e outubro, ás 19,00 h., o Auditorio de Galicia acollerá a estrea estatal da produción do Teatro Nacional São João de Porto As bruxas de Salem, dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. O Centro Dramático Galego en colaboración co Concello de Santiago de Compostela posibilita esta representación no marco das liñas de traballo abertas entre a unidade de produción teatral da Xunta coa escena lusa e da carteleira Quintas do Camões.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o equipo durante un dos ensaios

O Centro Dramático Galego reestrea ‘Terceiro Acto’ con 14 funcións no Salón Teatro e unha xira por outros oito escenarios

[01/10/2024] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este xoves 3 de outubro ás 20,00 horas a reestrea de Terceiro acto, produción propia do Centro Dramático Galego de 2021 que regresa aos escenarios como parte da recta final da actividade que a unidade teatral da Xunta de Galicia ten programada para conmemorar o seu 40º aniversario. O espectáculo, con novos nomes no elenco, permanecerá en cartel na capital de Galicia ata o día 20, para iniciar despois unha xira por outros oito concellos galegos.

Internacionalización, investigación e intercambio

O Centro Dramático Galego impulsa este outono a súa actividade de apoio á creación escénica coa estrea de cinco coproducións

[21/09/2024] O Centro Dramático Galego estrea a comezos deste outono cinco das coproducións impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración do seu 40º aniversario. Trátase dos espectáculos Territórios de liberdade, Entrepalav-bras, As formas do amor, Lémbrame, Spominaj na Mnje e Frágua de amor, para os que a unidade teatral da Xunta de Galicia estableceu alianzas con tres compañías galegas, oito portuguesas e unha alemá.

LORENA CONDE E PABLO REBOLEIRO DIRIXIRÁN OS NOVOS ESPECTÁCULOS

Convocado o proceso de selección de 22 intérpretes para as dúas producións propias da temporada 2024-2025 Documento anexo

[12/09/2024] O Centro Dramático Galego acaba de abrir a convocatoria dun novo proceso de selección no que se elixirán 22 intérpretes para configurar os elencos das dúas producións propias da súa temporada 2024-2025. Lorena Conde e Pablo Reboleiro dirixirán estas novas propostas baixo os títulos provisionais de Mesiña, ponte! e Countdown, respectivamente, que iniciarán ensaios en novembro e decembro deste ano cara á súa estrea en 2025.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307  308  309  310  311  312 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: