Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O espectáculo forma parte das actividades do 40º aniversario da compañía

O Centro Dramático Galego estrea en Galicia 'Manuela Rey Is In Da House' con tres funcións no Teatro Principal de Santiago Documento anexo

[12/03/2024] O Centro Dramático Galego estrea en Galicia esta fin de semana o espectáculo Manuela Rey Is In Da House cunha serie de funcións para público xeral que terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela do xoves 14 ao sábado 16 de marzo para continuar a reivindicar e dar a coñecer entre o público galego a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX.

AS FUNCIÓNS SERÁN OS DÍAS 23 E 24 DE FEBREIRO

Antón Reixa e Antela Cid levan a traxedia grega ao Gaiás para falar do medo ao éxito e a igualdade

[14/02/2024] Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.

A PEZA ESTREARASE NO MES DE XUÑO

A Xunta coproduce o espectáculo Dique con Nova Galega de Danza e dirección escénica de Marta Pazos

[02/02/2024] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantivo unha reunión nas instalacións do Centro Coreográfico Galego, na Coruña, con varios membros do equipo artístico de Dique, a montaxe que a compañía Nova Galega de Danza desenvolve en coprodución coa unidade da Xunta de Galicia e que ten prevista a súa  estrea a finais do mes de xuño.

A programación arranca esta fin de semana

O Centro Dramático Galego intensifica a súa actividade de creación escénica coa mostra de catro coproducións e a programación do Salón Teatro

[01/02/2024] O Centro Dramático Galego ten programada durante este trimestre unha intensa actividade en Santiago de Compostela, que traspasa as fronteiras da súa sede no Salón Teatro coa mostra de catro coproducións na capital de Galicia e outras actividades de creación e exhibición que culminarán en abril coa estrea de 'Os actos e as profecías', o espectáculo central que a compañía pública de teatro está a crear para a conmemoración do o seu 40º aniversario. As tres pezas deseñadas para este ano dentro do ciclo Clásicas desfeitas, que se re representarán na Cidade da Cultura de Galicia a partir de mañá, e a montaxe 'Manuela Rey Is In Da House', que chegará ao Teatro Principal compostelán en marzo, son as catro propostas nas que o Centro Dramático Galego participa en réxime de coprodución. Ademais, entre outras citas, o Salón Teatro acollerá o XXVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha residencia artística do Teatr Piba da Bretaña, no marco do proxecto europeo Phone, e a estrea de 'Helen Keller, a muller marabilla?', a nova obra do grupo Chévere, co que a compañía pública colabora de xeito especial para ofrecer unha temporada de funcións para o avance do teatro accesible e inclusivo.

TEATRO ITINERANTE E INTERACTIVO

O ciclo Clásicas Desfeitas renova o 'Hamlet' de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura Documento anexo

[24/01/2024] O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, adapta o escritor de Mondoñedo nunha obra itinerante e interactiva que bebe tamén de Shakespeare e do brasileiro Machado de Assis. Trátase dunha produción internacional que terá a súa estrea en febreiro no Gaiás coas compañías brasileira Boccaccione e a galega Marinita y sus Maromas, dentro do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e da Cidade da Cultura. Nesta edición Clásicas Desfeitas volverá tamén protagonistas ás personaxes secundarias da mitoloxía grega nun díptico contemporáneo creado por Antón Reixa e Antela Cid, dentro do súa filosofía de actualizar os clásicos a través doutras disciplinas máis aló da literatura.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: