Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

SERÁ O MÉRCORES 30 ÁS 20:30 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE

O CCG leva a Lugo o ballet 'A bela adormecida' coa actuación no escenario de alumnos do conservatorio de danza da cidade

[28/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este mércores 30 de abril en Lugo a última función de ‘A bela adormecida’, a produción de ballet clásico do Centro Coreográfico Galego (CCG) a partir do famoso ballet de Piotr Illich Tchaikovski e Marius Petipa. Alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo participan desde o escenario nesta representación, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

SERÁ ÁS 20:00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

O espectáculo do CDG 'Longa viaxe cara á noite' representarase o sábado 26 en Narón dentro da súa xira por Galicia e Portugal Documento anexo

[23/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva este sábado 26 de abril o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Longa viaxe cara á noite’ a Narón, onde a montaxe dirixida por Manuel Guede Oliva a partir da obra orixinal de Eugene O´Neill ofrecerá unha representación ás 20.00 horas no escenario do Pazo da Cultura.

SERÁ NO PAZO DA CULTURA ÁS 21.00 HORAS

O Centro Coreográfico Galego amosa este sábado en Pontevedra o seu último espectáculo, 'Full House'

[23/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este sábado 26 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra unha función do espectáculo ‘Full House’, a última produción de danza contemporánea do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada por Johan Inger.

O PROGRAMA ESTÉNDESE ATA O MÉRCORES 30 DE ABRIL CON FUNCIÓNS DIARIAS DE ENTRADA GRATUÍTA

Arranca no Salón Teatro a XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia durante a que se exhibiran as últimas propostas de 11 compañías Documento anexo

[21/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora no desenvolvemento da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia a través da cesión do Salón Teatro como sede central deste encontro, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro mércores 30 baixo a organización da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A NOVA PROGRAMACIÓN DÁ COMEZO Á VOLTA DA SEMANA SANTA COA XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Un total de 37 funcións de teatro, danza, música, circo e cine ata finais de xuño no Salón Teatro Documento anexo

[16/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece ata finais de xuño no Salón Teatro, espazo escénico que xestiona en Santiago de Compostela a través do Centro Dramático Galego (CDG), un total de 37 citas co teatro, a danza, a música, o novo circo e o cinema, desenvolvidas na súa meirande parte por compañías e artistas de diferentes puntos de Galicia.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: