[12/11/2014] O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá na mañá deste venres 14 de novembro unha sesión especial co coreógrafo francés Jean Philippe Dury, inserida no proxecto de programación expandida para o ciclo TRC Danza que está a desenvolver o Concello da Coruña a través do Teatro Rosalía Castro.
[11/11/2014] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Consellería de Cultura e Educación, desenvolverá nas próximas semanas seis novas funcións do espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' dirixidas a alumnos e alumnas de educación primaria dos concellos de Viveiro, Tui, O Barco e Rianxo.
[07/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora unha ‘master class’ da recoñecida mestra Carmen Roche á oferta formativa que está a desenvolver este outono a través do Centro Coreográfico Galego (CCG). Esta sesión especial terá lugar na sede da compañía pública mañá sábado 8, de 10.00 a 12.00 horas, coincidindo coa estadía na Coruña do Ballet Carmen Roche para representar o seu espectáculo ‘Timeless. De Petipa a Nacho Duato’ ás 20.30 horas no Teatro Colón.
[30/10/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chega este domingo 2 de novembro a Vigo con ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, versión da obra de Carlos Casares que será representada ás 18.00 horas no Teatro do Centro Cultural Afundación. Este escenario forma parte, ademais, da campaña escolar deste espectáculo de teatro e música en directo, do que o luns 3 de novembro se ofrecerán dous pases matinais para alumnos de centros educativos da cidade e de toda a comarca.
[16/10/2014] A cidade de Pontevedra é a nova parada da xira que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver co espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', de Carlos Casares, que se representa este sábado 18 de outubro ás 18.00 horas no Auditorio do Centro Social Afundación.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores