[26/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora no concerto ‘Cantos de lembranza’, que se celebrará o mércores 28 de maio no Salón Teatro de Santiago e no que se presentarán os temas que inclúe o libro CD do mesmo título, co que se lle rende homenaxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas.
[23/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta nos vindeiros días en Tui dúas propostas teatrais da man do Centro Dramático de Évora (Cendrev) e do Centro Dramático Galego (CDG), que representarán os seus últimos espectáculos no Teatro Municipal Área Panorámica mañá sábado 24 e o martes 27, respectivamente.
[21/05/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entra na recta final da xira do seu espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’, versión galega do célebre drama autobiográfico do norteamericano Eugene O’Neill. Tras dous meses de percorrido por diferentes escenarios galegos e portugueses, a última montaxe do CDG chega esta semana a Vigo para ofrecer dúas representacións no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia mañá xoves 22 e o venres 23, ás 20.30 horas.
[21/05/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana a celebración en forma de musical do vixésimo aniversario do Coro da Ra. A agrupación vocal compostelá preparou para a ocasión ‘Vinte. O musical’, espectáculo en clave cómica do que ofrecerá dúas funcións en exclusiva en Santiago o venres 23, ás 20.30 horas, e o sábado 24, ás 19.00 horas.
[20/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca un programa de residencias no Centro Coreográfico Galego (CCG) coa finalidade de lles achegar aos artistas individuais ou colectivos un espazo para o desenvolvemento dos seus proxectos de investigación, experimentación, creación e produción.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores