Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O ESPECTÁCULO ABRIRÁ EN OUTUBRO A NOVA TEMPORADA ESCÉNICA DO SALÓN TEATRO

Voadora ultima os ensaios de 'A tempestade' cunha residencia artística no Centro Dramático Galego Documento anexo

[15/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a colaborar con Voadora na produción ‘A tempestade’, adaptación da obra de Shakespeare coa que a compañía galega está a desenvolver unha residencia artística nas instalacións do Centro Dramático Galego (CDG). A produción, que botou a andar o pasado mes de febreiro cunha primeira estadía de dúas semanas no CDG, entra agora na recta final dos seus ensaios antes da estrea o vindeiro 5 de xuño como espectáculo inaugural dos Festivais Gil Vicente de Guimarães (Portugal).

NO TEATRO PRINCIPAL, O SÁBADO 17 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 18 ÁS 19.00 HORAS

O Centro Dramático Galego actúa esta fin de semana en Ourense coa súa versión da obra de Eugene O'Neill 'Longa viaxe cara á noite' Documento anexo

[14/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe en Ourense na presentación das funcións do espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’, de Eugene O’Neill, que o Centro Dramático Galego representará no Teatro Principal este sábado 17, Día das Letras Galegas, ás 20.30 horas, e o domingo 18, ás 19.00 horas. Estes dous pases para público xeral na fin de semana, complementaranse cunha función escolar na mañá do luns 19 para estudantes de bacharelato.

ENCARNARÁN OS TRES PERSONAXES MASCULINOS E OS TRES FEMININOS IDEADOS POR CARLOS CASARES

O CDG desenvolverá audicións para seleccionar os seis intérpretes da súa próxima produción 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' Documento anexo

[14/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo marcha o procedemento de audicións públicas para levar a cabo a selección dos seis intérpretes que conformarán o reparto de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, a montaxe teatral do texto de Carlos Casares que producirá este outono o Centro Dramático Galego.

NO SALÓN TEATRO ESCENIFÍCASE ESTE XOVES 15, ÁS 20.30 HORAS

O circuíto Troco x Troco pecha a súa primeira edición coa representación de 'Autos da Revolução' en Santiago, Narón, Ourense e Tui Documento anexo

[13/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta este xoves 15 de maio, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a compañía portuguesa Centro Dramático de Évora (Cendrev) co seu espectáculo ‘Autos da Revolução’, realizado a partir de fragmentos de cinco novelas de António Lobo Antunes. Coa xira galega desta montaxe, que poderá verse a continuación en Narón, Ourense e Tui, chega ao seu fin a primeira edición do circuíto Troco x Troco para o intercambio teatral entre Portugal e Galicia.

A CARGO DE MANUEL GUEDE, ALBERTO ROLÁN E MARÍA TERESA CORES

A Fundación Novacaixagalicia de Vigo acolle a presentación das funcións de 'Longa viaxe cara á noite' dos próximos 22 e 23 de maio Documento anexo

[12/05/2014] O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acolleu hoxe a presentación das dúas funcións do espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’ que o Centro Dramático Galego (CDG) levará a cabo no teatro desa entidade os próximos xoves 22 e venres 23 de maio, ás 20.30 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: