Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O ESPECTÁCULO DO CDG REPRESÉNTASE ÁS 19.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' chegan este domingo a Narón Documento anexo

[10/10/2014] O espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), chega esta fin de semana a Narón dentro da xira durante a que se presentará nun total de once escenarios de toda Galicia. No caso do Pazo da Cultura naronés, a función terá lugar este domingo día 12, ás 19.00 horas.

KIRENIA MARTÍNEZ ASESORA ESTE SOLO

O Centro Coreográfico continúa o seu programa de residencias artísticas coa peza 'Solipsismo' de José Ángel Ríos Casás

[07/10/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a execución do programa de residencias artísticas de danza no Centro Coreográfico Galego (CCG) co desenvolvemento dos traballos previos para a peza ‘Solipsismo’, unha das tres obras seleccionadas no marco desta iniciativa de apoio aos creadores.

O CONSELLEIRO PRESENTOU A NOVA TEMPORADA DO CDG, QUE ESTABLECE PARCERÍAS CO TEATRO NACIONAL DONA MARÍA II DE LISBOA E CO TEATRO NACIONAL DE CATALUÑA

Vázquez Abad subliña o salto cualitativo no intercambio teatral con Portugal e Cataluña impulsado polo Centro Dramático Galego Documento anexo

[06/10/2014] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cualificou hoxe de "salto cualitativo sen precedentes" o avance nas relacións de intercambio teatral coas escenas de Portugal e de Cataluña impulsadas polo Centro Dramático Galego (CDG) no marco da súa nova temporada 2014-15. Xesús Vázquez Abad fixo estas declaracións na presentación do plan de produción e coprodución que a compañía pública galega desenvolverá nos vindeiros meses, durante os que se traballará en parcería co Teatro Nacional Dona María II de Lisboa e co Teatro Nacional de Cataluña coa implicación de destacados nomes da nosa escena.

A XIRA COMEZA ESTE DOMINGO EN VILAGARCÍA DE AROUSA

'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' encheron o Teatro Principal de Ourense na súa estrea Documento anexo

[03/10/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreou esta tarde en Ourense o seu espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, que completou o aforo do Teatro Principal nunha función especial á que asistiron tamén numerosos nenos e nenas. O conselleiro Xesús Vázquez Abad acompañou o equipo da compañía pública no pase inaugural desta montaxe de teatro e música para toda a familia, realizada a partir da obra homónima de Carlos Casares.

ÁS 18.00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL

A xira de 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' chega este domingo a Vilagarcía de Arousa Documento anexo

[02/10/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comeza en Vilagarcía de Arousa a xira galega de ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, espectáculo de teatro e música para toda a familia producido polo Centro Dramático Galego (CDG) a partir da obra de Carlos Casares. O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro domingo 5 de outubro, ás 18.00 horas, unha función desta montaxe, que se estrea mañá en Ourense.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: