Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE UNHA FUNCIÓN ESCOLAR O VENRES 5 E OUTRA MATINAL PARA PÚBLICO XERAL O SÁBADO 6

'As laranxas...' chegan á Estrada como penúltimo destino da súa xira Documento anexo

[03/12/2014] O espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), encara xa a recta final da súa xira galega, no marco da que esta semana se presenta no Teatro Principal da Estrada para ofrecer dúas funcións matinais: o venres 5, ás 11.30 horas, para escolares, e o sábado 6, ás 12.30 horas, para público familiar.

OFRECERÁ ATA O XOVES 4 TRES FUNCIÓNS DE ACCESO GRATUÍTO PARA O PÚBLICO

O Salón Teatro acolle mañá a estrea do novo espectáculo da Aula de Teatro da Universidade de Santiago

[01/12/2014] O Salón Teatro compostelán, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acolle mañá martes 2 de decembro ás 21:00 horas a estrea de ‘A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet’, a nova montaxe da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

PARTICIPARÁN 25 ALUMNOS E ALUMNAS DO 1 AO 5 DE DECEMBRO

O Centro Coreográfico Galego remata o seu plan formativo anual cun curso a cargo do ex-bailarín do Ballet Nacional de Cuba Lázaro Carreño

[28/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remata a vindeira semana o plan formativo 2014 do Centro Coreográfico Galego (CCG) cun curso-obradoiro de danza clásica e técnica de puntas a cargo de Lázaro Carreño, ex primeiro bailarín do Ballet Nacional de Cuba.

O CDG COLABORA COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NA ORGANIZACIÓN DESTE ENCONTRO, QUE TERÁ LUGAR DO 12 AO 23 DE XANEIRO DE 2015

Aberto o prazo de preinscrición para o curso sobre posta en escena do director canadense Joël Beddows Documento anexo

[25/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran na organización do curso sobre posta en escena que o director e profesor canadense Joël Beddows impartirá do 12 ao 23 de xaneiro. Dirixido tanto a actores como a directores teatrais, o encontro achegaralles aos participantes unha reflexión práctica sobre o proceso de creación escénica, ademais dunha serie de técnicas de perfeccionamento no ámbito da dirección.

O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO REMATARÁ EN SANTIAGO A XIRA CON ESTA VERSIÓN DA OBRA DE CARLOS CASARES

Á venda as entradas para as funcións de Nadal de 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' no Salón Teatro Documento anexo

[19/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir a venda anticipada das entradas para as nove funcións de Nadal que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá no Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Esta versión para público familiar da coñecida obra de Carlos Casares permanecerá na carteleira do espazo compostelán, sede da compañía pública, do 9 ao 30 de decembro, período durante o que tamén desenvolverá unha intensa campaña escolar coa participación de colexios de toda a comarca.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: