[22/04/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a través do Centro Dramático Galego (CDG), mailo Teatre Nacional de Catalunya (TNC) producen xunto coa compañía galega Catrocadeiras o espectáculo ‘Ganas de ouvear’, que se poderá ver desde mañá xoves 23 e ata o domingo 26 de abril no Salón Teatro de Santiago. A proposta, dirixida polo ourensán Dani Salgado a partir de textos poéticos do galego Alfonso Pexegueiro e do catalán Narcís Comadira, chega a Galicia tras a súa estrea en Barcelona baixo o título ‘Ganes d’udolar’.
[21/04/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon rumbo á provincia de Pontevedra co seu espectáculo ‘Xardín suspenso’, a partir da obra de Abel Neves, para ofrecer catro funcións noutros tantos escenarios. Así, a montaxe que Cándido Pazó dirixiu para a compañía pública poderá verse no Teatro Principal da Estrada o venres 24 de abril, no Auditorio da sede de Afundación en Pontevedra o mércores 29 de abril, no Teatro Afundación de Vigo o mércores 6 de maio e no Teatro Municipal de Tui o venres 8 de maio.
[20/04/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve desde esta mañá un novo curso do seu programa formativo, que desta volta conta coa profesora Ana Abad Carlés para afondar no ámbito da investigación da danza desde unha perspectiva académica. Ao encontro, que se estenderá ata o vindeiro venres na sede coruñesa do CCG, asiste un total de 16 alumnos, a meirande parte deles profesionais do ensino en diferentes conservatorios, escolas e centros educativos galegos.
[17/04/2015] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a nova compañía galega BalletNorte asinaron un contrato para a coprodución este ano a través do Centro Coreográfico Galego do espectáculo ‘Atlántica’, dirixido por Juan Miguel Hernández. Esta sinatura responde á resolución do proceso de licitación pública convocado no pasado mes de novembro para ofrecerlles ás compañías privadas galegas a posibilidade de coproducir unha montaxe de danza moderna, neoclásica ou contemporánea a través da unidade de produción de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
[15/04/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) recibirá mañá xoves na súa sede da Coruña a compañía valenciana Proyecto Titoyaya para unha sesión teórico-práctica aberta a estudantes, profesionais do sector e público xeral. O encontro, que terá lugar de 18.30 a 20.30 horas, forma parte da programación expandida do ciclo TRC Danza, que o Concello da Coruña desenvolve a través do Teatro Rosalía de Castro e que conta tamén coa colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores