[28/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa chega a Santiago de Compostela para representar mañá venres e o sábado 30 no Teatro Principal a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo Tenor’, ‘Sax Tenor’ na súa versión portuguesa. Esta produción, a primeira que o principal teatro público do país veciño realiza a partir dunha obra galega, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias.
[28/05/2015] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta noite á representación de ‘Xardín suspenso’ en Lisboa, un acto que pon o punto e final a dous meses de xira por Galicia. Dende o pasado marzo, o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, levou esta montaxe -dirixida por Cándido Pazó a partir da obra do dramaturgo portugués Abel Neves- por unha decena de concellos galegos. Santiago, Narón, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense e A Coruña acolleron as diferentes funcións deste recoñecido drama luso.
[27/05/2015] O director do Centro Dramático Galego (CDG), Manuel Guede Oliva, reivindicou en Lisboa a figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño como paradigma do diálogo cultural posible entre Galicia e Portugal. Fíxoo no marco do ciclo ‘Portugal-Galicia: escenarios para un encontro’ que a pasada noite celebrou a súa última xornada no Teatro Nacional D. Maria II (TNDMII) coa proxección de ‘Doentes’, filme dirixido por Gustavo Balza en 2011 a partir da obra homónima do autor compostelán.
[25/05/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) abre o prazo de inscrición para os seis obradoiros intensivos de danza contemporánea, clásica e neoclásica que organiza na súa sede da Coruña para o próximo mes de xullo. Profesionais da traxectoria de Íker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero serán os docentes desta nova convocatoria de cursos de verán.
[20/05/2015] O Salón Teatro de Santiago acollerá este venres 22 de maio, ás 21.00 horas, un concerto de pop-rock a cargo de Jacobo Paz & Dos Mundos, co que se presentará en Compostela a nova plataforma galega de xestión cultural Elijomisartistas.com. O recital, que conta co apoio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrarase a beneficio da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores