[29/01/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe mañá venres día 30 a compañía galega Elefante Elegante co seu último espectáculo, ‘Kassa’, proposta de teatro visual que se inspira en ‘A metamorfose’ de Kafka para abordar a temática da vivenda. Teatro, danza e vídeo mestúranse nesta montaxe, da que se ofrecerán tres funcións para público xeral (mañá e o sábado 31, ás 20.30 horas, e o domingo 1, ás 18.00 horas), ademais doutros tres pases matinais para centros escolares do luns 2 ao mércores 4.
[28/01/2015] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será o escenario mañá xoves 29, ás 21.00 horas, do concerto de Brais Morán na que é a nova etapa en solitario do cantante e guitarrista do grupo Loretta Martin.
[27/01/2015] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un total de seis cursos de danza clásica, contemporánea, galega, barroca e de investigación coreográfica como arranque do plan formativo que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolverá durante 2015. Os mestres Ana Serantes García, Lázaro Carreño, Jordi Vilaseca, Iván Villar Agulleiro, Catherine Turocy e Ana Abad Carles impartirán os encontros desta nova convocatoria, a través da que a unidade de danza da Xunta de Galicia amplía o seu programa formativo en canto a xéneros coreográficos e enfoques teóricos.
[24/01/2015] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá a partir deste luns día 26 a campaña escolar que a compañía Talía Teatro desenvolverá en Santiago con ‘Bicos con lingua’ e ‘Pelos na lingua’, os seus dous espectáculos sobre o galego.
[21/01/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación será o escenario este venres día 23, ás 21.30 horas, dun espectáculo musical no que a Gallaecia Big Band acompañará o trío vocal feminino Las Brownies. Este concerto especial rememorará o swing dos anos trinta e corenta, recuperando o espírito e a elegancia característicos dese estilo e desa época
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores