Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O VENRES 30 E O SÁBADO 31, ÁS 20.30 HORAS, MAILO DOMINGO 1, ÁS 18.00 HORAS

Elefante Elegante chega esta fin de semana ao Salón Teatro co espectáculo de teatro visual 'Kassa' Documento anexo

[29/01/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe mañá venres día 30 a compañía galega Elefante Elegante co seu último espectáculo, ‘Kassa’, proposta de teatro visual que se inspira en ‘A metamorfose’ de Kafka para abordar a temática da vivenda. Teatro, danza e vídeo mestúranse nesta montaxe, da que se ofrecerán tres funcións para público xeral (mañá e o sábado 31, ás 20.30 horas, e o domingo 1, ás 18.00 horas), ademais doutros tres pases matinais para centros escolares do luns 2 ao mércores 4.

MAÑÁ XOVES 29, ÁS 21.00 HORAS

Brais Morán presenta en directo no Salón Teatro o seu novo proxecto musical en solitario

[28/01/2015] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, será o escenario mañá xoves 29, ás 21.00 horas, do concerto de Brais Morán na que é a nova etapa en solitario do cantante e guitarrista do grupo Loretta Martin.

CON ANA SERANTES, LÁZARO CARREÑO, JORDI VILASECA, IVÁN VILLAR, CATHERINE TUROCY E ANA ABAD CARLES

O Centro Coreográfico inicia o seu plan formativo 2015 con seis cursos de danza clásica, contemporánea, galega, barroca e investigación Documento anexo

[27/01/2015] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un total de seis cursos de danza clásica, contemporánea, galega, barroca e de investigación coreográfica como arranque do plan formativo que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolverá durante 2015. Os mestres Ana Serantes García, Lázaro Carreño, Jordi Vilaseca, Iván Villar Agulleiro, Catherine Turocy e Ana Abad Carles impartirán os encontros desta nova convocatoria, a través da que a unidade de danza da Xunta de Galicia amplía o seu programa formativo en canto a xéneros coreográficos e enfoques teóricos.

'BICOS CON LINGUA' E 'PELOS NA LINGUA'

Alumnos de toda Galicia asistirán no Salón Teatro á campaña escolar de Talía cos seus dous espectáculos sobre o galego Documento anexo

[24/01/2015] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá a partir deste luns día 26 a campaña escolar que a compañía Talía Teatro desenvolverá en Santiago con ‘Bicos con lingua’ e ‘Pelos na lingua’, os seus dous espectáculos sobre o galego.

REMEMORARÁN O ESPÍRITO E A ELEGANCIA DOS ANOS TRINTA E CORENTA

A Gallaecia Big Band e Las Brownies encherán de 'swing' o Salón Teatro no seu concerto deste venres Documento anexo

[21/01/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación será o escenario este venres día 23, ás 21.30 horas, dun espectáculo musical no que a Gallaecia Big Band acompañará o trío vocal feminino Las Brownies. Este concerto especial rememorará o swing dos anos trinta e corenta, recuperando o espírito e a elegancia característicos dese estilo e desa época

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: