Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

SERÁ ÁS 20.30 HORAS DENTRO DO CICLO SONS'15 ORGANIZADO POLO CONCELLO

O Salón Teatro acolle mañá un concerto no que o músico Vaudí lles pon ritmo brasileiro ás cancións de Víctor Manuel Documento anexo

[11/05/2015] Vaudí Cavalcanti ofrece mañá no Salón Teatro de Santiago o concerto de presentación ao público compostelán do seu último traballo discográfico, ‘Un poco de ti’, no que o músico e a súa banda revisan once cancións de Víctor Manuel en clave brasileira. O recital, que dará comezo ás 20.30 horas, forma parte do ciclo Sons'15, organizado polo Concello de Santiago.

O CDG SITUOU O AUTOR GALEGO NO REPERTORIO DO PRINCIPAL TEATRO PÚBLICO PORTUGUÉS

O Teatro D. Maria II de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño 'Sax Tenor' Documento anexo

[08/05/2015] O patio de butacas do Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Sax Tenor’, primeiro título da dramaturxia galega que entra a formar parte do repertorio do principal teatro público de Portugal.

O VENRES 8 E O SÁBADO 9, ÁS 20.30 HORAS

O Salón Teatro presenta en Galicia 'NÓS', unha creación colectiva portuguesa que elimina barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte Documento anexo

[07/05/2015] O Salón Teatro de Santiago programa esta fin de semana o espectáculo portugués ‘NÓS’, unha creación colectiva da plataforma artística PELE para o Grupo de Teatro de Surdos do Porto, que aposta pola implicación social e bota man da linguaxe universal da arte da escena para eliminar barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte.

Unha vintena de alumnos perfeccionan a súa técnica de danza clásica co mestre cubano Lázaro Carreño Documento anexo

[04/05/2015] O mestre cubano Lázaro Carreño imparte desde hoxe na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un novo curso intensivo de técnica clásica, no que participa ata finais de maio unha vintena de alumnos e alumnas de toda Galicia, entre os que se atopan profesionais e profesorado de danza, así como estudantes de nivel medio-alto.

ESTRÉASE ESTE XOVES 7 DE MAIO

A colaboración entre o Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e o CDG achégalle ao público portugués a obra de Roberto Vidal Bolaño 'Saxo tenor' Documento anexo

[04/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa estrea o vindeiro xoves 7 a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo tenor’ (‘Sax tenor’ na súa versión portuguesa), primeiro título da dramaturxia galega levado ás táboas polo principal teatro público do país veciño. Esta produción, que poderá verse na capital lusa ata o día 24, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega está a representar ‘Xardín suspenso’, de Abel Neves.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: