[29/12/2015] A compañía TrasPediante, co espectáculo de danza-circo ‘Up2Down’, ofrecerá mañá 30 de decembro ás 18:00 horas a última representación de 2015 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rematará coa estrea desta montaxe dirixida a todos os públicos unha intensa carteleira anual que estivo conformada por 210 funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
[21/12/2015] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.
[16/12/2015] A nova compañía compostelá BocAberta representará esta fin de semana no Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seu último espectáculo, ‘A tropa trapalleira’, unha comedia para público familiar que poderá verse neste espazo de Santiago do venres 18 ao domingo 20, ás 18.00 horas.
[10/12/2015] O novo circo preséntase na carteleira de decembro do Salón Teatro de Santiago da man da compañía galega Pistacatro e do seu espectáculo ‘Desperta!’, que poderá verse mañá venres 11 e o sábado 12, ás 20.30 horas, no escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A montaxe, da que onte e hoxe se ofreceron pases matinais para escolares, chega a Compostela como última parada dunha xira de outono durante a que tamén se representou en Outes, Cee, Burela, Lalín e Vilalba.
[30/11/2015] O Salón Teatro de Santiago encara a recta final de 2015 cunha carteleira que inclúe 17 funcións de teatro, novo circo e danza. As primeiras delas, programadas para mañá día 1 e o mércores día 2 de decembro ás 21.00 horas, serán as correspondentes á estrea de ‘Cinzas’, o novo espectáculo da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores