[10/04/2015] Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia mañá 11 de abril en Narón a xira de representacións do seu último espectáculo, ‘Xardín suspenso’, co que visitará tamén ata finais de maio O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense, A Coruña e Lisboa.
[09/04/2015] Dúas novas propostas de produción galega protagonizan a carteleira desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago, que mañá venres 10 e o sábado 11 acollerá dúas funcións do espectáculo de debut da compañía Vía Seis, ‘Amor en 3D’, mentres que o domingo 12 será o escenario da estrea de ‘Memento mori’, a última curtametraxe da realizadora galega Marisa Otero.
[08/04/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) recibe mañá na súa sede da Coruña a mestra estadounidense Catherine Turocy para impartir un curso intensivo de tres días sobre danza barroca, que abordará tanto desde a súa perspectiva dramática como coreográfica. Un total de 16 alumnos, entre os que se atopan profesionais da danza, do teatro e do ensino, inscribíronse neste encontro coa especialista norteamericana, recoñecida internacionalmente polo seu labor de recuperación e difusión deste xénero.
[08/04/2015] A Sala Tallers do Teatre Nacional de Catalunya (TNC) acolle mañá xoves 9 de abril a estrea de ‘Ganes d’udolar’, espectáculo coproducido entre a compañía pública catalá e o Centro Dramático Galego (CDG) con dirección escénica do ourensán Dani Salgado.
[07/04/2015] O teatro portugués regresa esta semana ao Salón Teatro de Santiago, que recibe este xoves día 9 a Companhia de Teatro de Almada co espectáculo ‘O Mandarim’, a partir da obra de Eça de Queiroz. Con esta función, programada para as 20.30 horas, arranca a nova carteleira na sede do Centro Dramático Galego (CDG) que, tras a temporada de exhibición da produción propia ‘Xardín suspenso’, acollerá ata xuño máis de 50 citas escénicas, musicais e audiovisuais.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 Ver novas anteriores