[11/04/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe as bases que rexerán o proceso para a selección dos oito bailaríns e bailarinas que formarán o corpo de baile do ballet ‘As catro estacións’, a próxima produción que levará a cabo o Centro Coreográfico Galego a partir da obra de Antonio Vivaldi.
[07/04/2016] O Centro Coreográfico Galego (CCG) colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e coa compañía galega BalletNorte para a posta en escena durante esta semana na Coruña do ballet ‘Don Quixote’ coa participación de alumnos e alumnas de cinco centros galegos de ensino de danza. O Pazo da Ópera acollerá mañá venres día 8 (20.00 horas) e o sábado 9 (18.00 h) dúas representacións para público xeral da versión desta obra coreográfica de Marius Petipa con música de Ludwig Minkus, baseada no capítulo décimo noveno do segundo libro de ‘El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha’, de Miguel de Cervantes. As localidades para asistir ao espectáculo están á venda en liña en entradas.abanca.es cos prezos de 5 euros para adultos e de 3 euros para rapaces.
[05/04/2016] O espectáculo ‘O mundo persistente’, que estes días comeza o seu primeiro período de ensaios no Porto, é a nova proposta xurdida ao abeiro do ‘Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia’, rede de intercambio teatral co país veciño na que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa a través do Centro Dramático Galego (CDG) e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.
[01/04/2016] A danza ocupará este domingo, ás 19.00 horas, o escenario do Salón Teatro de Santiago con ‘Invisible Wires’, proposta da compañía galega La Macana que conta coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) como entidade coprodutora. A sede do Centro Dramático Galego (CDG) é un dos espazos incluídos na xira galega deste espectáculo internacional que, tras a súa estrea o pasado 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf (Alemaña), se representa hoxe no Teatro Rosalía Castro da Coruña e mañá sábado, no Pazo da Cultura de Carballo.
[30/03/2016] O Salón Teatro, espazo compostelán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é un dos cinco escenarios que acollen este ano a nova edición do ciclo Santiautor, dentro do que este venres día 1 actuará o dúo coruñés Escuchando Elefantes e o sábado 2 farao a cantautora Adriana Moragues xunto á poetisa Elvira Sastre. Ambos os concertos están programados para as 22.00 horas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores