[07/05/2016] O cantautor ourensán Emilio Rúa actuará o vindeiro luns día 9, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo o seu último álbum, ‘Querida alegría’, no que se mesturan temas inéditos con adaptacións de cancións incluídas noutros dos seus traballos discográficos, así como revisións de composicións populares.
[03/05/2016] A compañía compostelá Voadora ocupa esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago para a reestrea do seu espectáculo ‘Calypso’, co que en xuño iniciará unha xira estatal durante a que se representará en Valencia, Santa Cruz de Tenerife, Bilbao, Sevilla e Madrid. A formación de Marta Pazos, Jose Díaz e Hugo Torres permanecerá na sede do Centro Dramático Galego (CDG) desde mañá e ata o domingo para ofrecer unha función matinal concertada con centros de ensino teatral (mércores 4, 11.30 h) e catro para público xeral (xoves 5, venres 6 e sábado 7, ás 20.30 h, e domingo 8, ás 18.00).
[27/04/2016] A autora Avelina Pérez, co texto ‘Eu controlo’, é a gañadora da terceira edición do Premio ‘Pegada’ de Teatro Radiofónico, organizado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, fíxolle entrega hoxe do galardón no transcurso da xornada de actividades durante a que a ESAD está a celebrar os días mundiais do teatro e a danza.
[20/04/2016] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle a partir de mañá e ata o 1 de maio un total de once espectáculos producidos por distintas compañías que funcionan durante o curso académico nas tres universidades galegas, e que forman parte do programa da XVII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
[14/04/2016] ‘A forma das cousas’, a primeira comedia teatral da produtora La Yogurtera SL, con dirección e adaptación de Carlos Álvarez-Ossorio sobre o texto do estadounidense Neil Labute, chega ao Salón Teatro de Santiago esta fin de semana con dúas funcións: o sábado, 16 de abril, ás 20.30 horas e o domingo, ás 18.00 horas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores