Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

JUAN MIGUEL HERNÁNDEZ DIRIXE UN ELENCO DE 10 BAILARÍNS E BAILARINAS A PARTIR DA MÚSICA DE ISMAEL BERDEI

BalletNorte en coprodución co Centro Coreográfico Galego presenta 'Atlántica' este domingo no Auditorio Municipal de Oleiros

[05/06/2015] A compañía coruñesa de danza BalletNorte, baixo a dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, presenta diante do público este domingo día 7 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) o espectáculo ‘Atlántica’, realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego.

O VENRES 5 E O SÁBADO 6 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS

O espectáculo 'Amor flexible' de Redrum despídese dos escenarios con dúas derradeiras funcións no Salón Teatro Documento anexo

[03/06/2015] Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo.

DANZA BHARATANATYAM NA SEDE DO CCG NA CORUÑA DO 4 AO 7 DE XUÑO

O CCG e a ONG Implicadas no Desenvolvemento organizan un curso co bailarín indio Aniruddhan Vasudevan Documento anexo

[02/06/2015] O bailarín de Chennai (India) Aniruddhan Vasudevan ofrecerá do 4 ao 7 de xuño na Coruña un curso de Bharatanatyam, danza clásica do sur da India, que impartirá na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) como parte da súa visita a Galicia convidado pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. O obradoiro completarase co espectáculo que o intérprete támil ofrecerá o domingo, ás 20.00 horas, no Centro Ágora e durante o que compartirá escenario co seu alumnado para exhibir a peza creada durante estes catro días de traballo conxunto.

MAÑÁ VENRES, ÁS 17.30 HORAS, E O SÄBADO, ÁS 20.30 HORAS

O Teatro Principal de Santiago recibe o Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa coa súa versión de 'Saxo Tenor', de Roberto Vidal Bolaño Documento anexo

[28/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa chega a Santiago de Compostela para representar mañá venres e o sábado 30 no Teatro Principal a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo Tenor’, ‘Sax Tenor’ na súa versión portuguesa. Esta produción, a primeira que o principal teatro público do país veciño realiza a partir dunha obra galega, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias.

O ESPECTÁCULO REPRESENTARASE NO TEATRO NACIONAL D. MARIA II ATA O DOMINGO

Román Rodríguez asiste á representación de ‘Xardín suspenso’ en Lisboa, que pon fin a unha xira de dous meses Documento anexo

[28/05/2015] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta noite á representación de ‘Xardín suspenso’ en Lisboa, un acto que pon o punto e final a dous meses de xira por Galicia. Dende o pasado marzo, o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería, levou esta montaxe -dirixida por Cándido Pazó a partir da obra do dramaturgo portugués Abel Neves- por unha decena de concellos galegos. Santiago, Narón, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Pontevedra, Vigo, Tui, Rianxo, Ourense e A Coruña acolleron as diferentes funcións deste recoñecido drama luso.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: