[24/09/2015] O mestre Gonzalo Zaragoza regresará ao Centro Coreográfico Galego o vindeiro mes para impartir un curso de metodoloxía da danza clásica que terá lugar do 10 ao 12 de outubro. Os participantes terán así a oportunidade de afondar nos distintos métodos de aprendizaxe desta disciplina co xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila', quen xa visitou a sede coruñesa da unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado mes de xullo para conducir outro encontro sobre técnica clásica.
[23/09/2015] A bailarina e coreógrafa madrileña Mónica Runde, directora da compañía 10&10 Danza, manterá mañá na Fundación Luis Seoane da Coruña un encontro aberto ao público, no que abordará a súa propia traxectoria á vez que trazará unha panorámica sobre os últimos 30 anos de danza en España. Esta actividade, que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Coreográfico Galego, forma parte do Proxecto de Programación Expandida do TRCDanza, o ciclo estable de danza do Teatro Rosalía Castro da Coruña.
[17/09/2015] A compañía galega de danza BalletNorte, baixo a dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, estrea mañá ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña 'Atlántica', un espectáculo realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego co que se rende homenaxe aos autores do Rexurdimento.
[11/09/2015] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 12 de setembro as vangardistas propostas escénicas das agrupacións Voltage Opposites e Quimera Rosa, incluídos dentro da programación do Festival WOSINC que se está a desenvolver en dez espazos da cidade.
[08/07/2015] O Salón Teatro de Santiago é unha das sedes da nova edición do Festival Via Stellae, dentro do que acollerá nos próximos días os concertos do percusionista Roberto Oliveira e das formacións Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid e Al Ayre Español. A Consellería de Cultura e Educación colabora así con este programa musical, que promoven e organizan o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, e que se desenvolve desde o 29 de xuño e ata o 15 de xullo en teatros, igrexas e outras localizacións singulares da cidade.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 Ver novas anteriores