[26/05/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca hoxe un proceso de selección de 10 actores e actrices para o espectáculo ‘Tartufo’, a próxima produción propia do Centro Dramático Galego (CDG). Os intérpretes interesados en optar a estes papeis teñen de prazo desde mañá e ata o martes 7 de xuño para presentar as súas solicitudes segundo as instrucións que se especifican nas bases.
[25/05/2016] A compañía Nova Galega de Danza presentou hoxe na Coruña a estrea do espectáculo ‘Son’, coproducido xunto á Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través do Centro Coreográfico Galego, que ofrecerá a súa primeira función este venres 27, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. Un corpo de baile integramente masculino pon en escena esta proposta, construída a partir dunha decena de pezas nas que a danza tradicional galega convive coa española, a contemporánea e o flamenco.
[18/05/2016] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe os eixos que marcarán o seu programa de actividade ata finais de ano, o primeiro deseñado por Fefa Noia como directora da compañía teatral da Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu este acto no que se anunciou que ‘Tartufo’, de Molière, será a próxima produción propia do CDG, que coproducirá así mesmo ‘O conto de inverno’ e ‘Vida e morte de Daniel Faria’ e porá en marcha o novo programa ‘Dramaturxente’ para impulsar a posta en escena de autores galegos contemporáneos.
[12/05/2016] A sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago acollerá o vindeiro martes 17 de maio unha xornada especial de portas abertas co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Manuel María. Con tal motivo, a carteleira do edificio lucirá ademais unha cita do escritor chairego, xunto coa información práctica da actividade.
[10/05/2016] No ano en que celebra o seu 40º aniversario, o Instituto de Letras e Ciencias Humanas (ILCH) da Universidade do Minho está a conmemorar a efeméride cun amplo programa, dirixido á comunidade académica e ao público xeral co tema dos ‘Camiños’ como eixo temático.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores