[16/06/2016] O Grupo de Teatro Down Compostela estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a montaxe ‘Búscame a ese tipo’, escrita e dirixida por Lucas Herrador. A compañía, integrada por 20 actores e actrices con síndrome de Down e discapacidade intelectual, volve así ao escenario que tamén acolleu os seus anteriores espectáculos, con dúas funcións que terán lugar mañá venres e o sábado 18 ás 20.00 horas.
[10/06/2016] O Salón Teatro de Santiago acollerá a próxima semana a proxección de dez películas que forman parte da programación da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) organizada polo Museo do Pobo Galego. O espazo da Consellería de Cultura e Educación súmase por vez primeira a este evento como unha das súas sedes, para o que ofrecerá dous pases diarios entre o luns 13 e o xoves 16 de xuño.
[09/06/2016] Un total de 30 bailaríns e bailarinas participarán mañá na Coruña nas audicións convocadas pola Axencia Galega das Industrias culturais (Agadic) para seleccionar o corpo de baile de oito intérpretes que porá en escena ‘As catro estacións’, a nova produción que o Centro Coreográfico Galego (CCG) estreará o 9 de setembro na Coruña.
[07/06/2016] ‘O mundo persistente’, o novo espectáculo do Proxecto NÓS Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia cuxa produción foi coordinada polo Centro Dramático Galego (CDG), represéntase mañá no Teatro Carlos Alberto (TeCA) do Porto como primeiro destino da súa serie de funcións nos teatros públicos lusos que forman parte desta iniciativa.
[27/05/2016] A sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario o vindeiro mércores 1 de xuño da estrea de ‘O mundo persistente’, o novo espectáculo do Proxecto NÓS Territorio (es)Cénico Portugal Galicia. A compañía teatral da Consellería de Cultura e Educación coordinou a produción desta montaxe como integrante deste programa de encontro teatral co país veciño, no que tamén participan a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, as escolas superiores de Teatro e Cinema (ESTC) de Lisboa e de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE) do Porto, e os teatros nacionais portugueses D. Maria II e São João.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 Ver novas anteriores