Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O GUITARRISTA SAMUEL DIZ PRESENTARÁ EN DIRECTO O 27 DE OUTUBRO O SEU DISCO 'IMPRESIONES Y PAISAJES, COMO EL PRIMER LIBRO DE LORCA'

Galicia conmemora o centenario da viaxe de Lorca a esta terra cun concerto especial no Salón Teatro

[14/09/2016] Coincidindo co centenario da primeira viaxe de Federico García Lorca a Galicia, Santiago de Compostela acollerá, o próximo 27 de outubro, un espectáculo singular para afondar na figura do escritor e na súa vinculación con esta terra, que terá lugar ás 20:30 horas no Salón Teatro.

OITO BAILARÍNS E BAILARINAS EXECUTAN AS ESCENOGRAFÍAS DESEÑADAS EN CLAVE CONTEMPORÁNEA POR IKER GÓMEZ E KENNETH TINDALL

O Centro Coreográfico Galego estrea 'As catro estacións' este venres no Teatro Colón da Coruña Documento anexo

[06/09/2016] O Teatro Colón da Coruña acolle esta fin de semana a estrea de ‘As catro estacións’ a cargo do Centro Coreográfico Galego (CCG), un espectáculo contemporáneo sobre a música de Antonio Vivaldi con coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall. O escenario coruñés ofrecerá as dúas primeiras funcións da montaxe este venres e o sábado ás 20:30 horas, para emprender despois unha serie de representacións que levarán á compañía a Vigo, Rianxo, Vilagarcía, Ourense, O Barco, Pontevedra e Santiago de Compostela.

ESTRÉASE O 23 DE SETEMBRO NO SALÓN TEARO DE SANTIAGO

O equipo de 'Tartufo' inicia os ensaios baixo a dirección de Carles Alfaro

[02/08/2016] O equipo artístico e técnico do espectáculo ‘Tartufo’, a produción propia coa que o Centro Dramático Galego (CDG) abrirá a súa temporada 2016-17, acaba de iniciar os ensaios cara á estrea que terá lugar o 23 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

IKER GÓMEZ E KENNETH TINDALL SON OS COREÓGRAFOS

O Centro Coreográfico Galego inicia os ensaios de 'As catro estacións' para a súa estrea o 9 de setembro no Teatro Colón Documento anexo

[21/07/2016] A sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña acolle estes días os primeiros ensaios da produción ‘As catro estacións’, un espectáculo contemporáneo sobre a música de Antonio Vivaldi que dirixen os coreógrafos Iker Gómez e Kenneth Tindall.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 30 DE XUÑO

O Centro Coreográfico Galego organiza catro cursos intensivos de danza clásica cun profesorado internacional Documento anexo

[23/06/2016] O Centro Coreográfico Galego (CCG) oferta este verán catro cursos intensivos de danza clásica que serán impartidos por un recoñecido profesorado internacional. A unidade de danza da Consellería de Cultura e Educación volverá recibir na súa aula os mestres cubanos Orlando Salgado, Marta García Peñate e Lázaro Carreño, ademais de a Gonzalo Zaragoza, xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid ‘María de Ávila’. Tamén visitará a Coruña o profesor do Ballet Nacional de España (BNE) Tino Morán, quen participa por vez primeira neste programa formativo.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: