[29/12/2016] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa produción ‘Tartufo’ chegará mañá á súa fin coa función que terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Jofre de Ferrol. Concluirá así o percorrido deste espectáculo, asinado para a compañía da Xunta de Galicia polo galardoado director valenciano Carles Alfaro, tras ter ofrecido un total de 31 representacións en 10 localidades.
[28/12/2016] O dúo Pérez & Fernández representa mañá xoves 29 e o venres 30 no Salón Teatro de Santiago ‘O poder de Amabel’, un espectáculo especialmente dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, co que o escenario do Centro Dramático Galego (CDG) despedirá 2017 continuando co seu ciclo de Nadal ‘Gran teatro para os máis pequenos’.
[24/12/2016] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 27 de decembro, ás 20.30 horas, o concerto de presentación en Galicia de Gelria, o trío galego-catalán que leva o nome do navío holandés no que navegou Manuel Antonio. Será co recital ‘Cantos de poeta’, un disco que musica catorce poemas galegos de todos os tempos: de Rosalía a Chus Pato, pasando por Curros Enríquez, Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María.
[20/12/2016] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de poñer en marcha o proceso de selección do elenco de ‘Martes de Carnaval’, a próxima produción propia do Centro Dramático Galego que levará ás táboas, por primeira vez en lingua galega, as obras de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. Os actores e actrices interesados en optar ás 10 prazas convocadas teñen de prazo desde hoxe e ata o vindeiro 2 de xaneiro para presentar as súas solicitudes seguindo as indicacións das bases publicadas nas webs da Agadic e do CDG.
[19/12/2016] ‘Gran teatro para os máis pequenos’ é o título do ciclo co que o Centro Dramático Galego celebrará o Nadal xunto ao público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Pensando nos espectadores máis novos, a compañía pública deseñou un programa que combina tres espectáculos das compañías Berrobambán, Pérez & Fernández e Elefante Elegante xunto a outros tantos talleres que buscan achegarlles aos nenos e nenas diferentes aspectos do oficio teatral baixo o lema ‘Saca o artista que levas dentro’.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores