Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

MAÑÁ SÁBADO, ÁS 21.00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL

Cangas acolle mañá a penúltima representación de 'Tartufo' Documento anexo

[16/12/2016] O Centro Dramático Galego enfronta a recta final da xira do espectáculo ‘Tartufo’, co que chegará mañá a Cangas para ofrecer a súa penúltima función. A representación está programada ás 21.00 horas no Auditorio Municipal.

MAÑÁ VENRES E O SÁBADO, Ás 20.30 H

Nasdrovia presenta no Salón Teatro a obra de Manuel Lourenzo 'Illa/Ollo' con dirección de Roi Vidal Documento anexo

[15/12/2016] A compañía lucense de teatro Nasdrovia chega esta semana ao Salón Teatro de Santiago para poñer en escena ‘Illa/Ollo’, adaptación da obra ‘Illa’ de Manuel Lourenzo baixo a dirección de Roi Vidal. Gustavo Fouce e Simón Piñón dan vida sobre as táboas a Ulises e Sileno nunha revisión contemporánea desta historia clásica, que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) mañá venres e o sábado, ás 20.30 horas.

O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTOU A PRODUCIÓN PROPIA, AS COPRODUCIÓNS, AS RESIDENCIAS E AS DEMAIS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE EXHIBICIÓN DA TEMPORADA 2016-17

O CDG montará as obras de Valle-Inclán 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán' no espectáculo dobre 'Martes de Carnaval' Documento anexo

[13/12/2016] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe os principais proxectos da temporada 2016-2017 do Centro Dramático Galego (CDG), entre os que destacou a estrea o próximo 31 de marzo da obra de Ramón María del Valle-Inclán co espectáculo ‘Martes de Carnaval’, integrado polas pezas ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

PARTICIPARÁN MÁIS DE 30 RELATORES

Manuel Lourenzo abre mañá as xornadas 'Dramaturxente' para a análise da escrita teatral galega Documento anexo

[07/12/2016] O dramaturgo e director de escena Manuel Lourenzo abrirá mañá ás 18:30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela ‘Dramaturxente’, as xornadas sobre dramaturxia galega actual organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA co obxectivo de analizar a situación do sector e darlle unha maior visibilidade social.

O SÁBADO 3, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 4, ÁS 19.00 H

'Tartufo' chega esta fin de semana a Ourense con dúas funcións no Teatro Principal Documento anexo

[01/12/2016] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) con ‘Tartufo’, versión galega da coñecida comedia de ‘Molière’, pon rumbo cara ao Teatro Principal de Ourense, onde o espectáculo se representará este sábado 3, ás 20.30 horas, e o domingo 4, ás 19.00 horas.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: