[27/04/2017] A Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar un ano máis en Santiago de Compostela co Salón Teatro como un dos seus escenarios, xa que a partir de mañá e ata o 4 maio a sede do Centro Dramático Galego (CDG) recibirá sete espectáculos desta carteleira.
[26/04/2017] Unha rosa entre as pernas é o título da peza que Teatro en Punto representará do venres 28 ao domingo 30 nos camerinos do Salón Teatro de Santiago, que se abren ao público para acoller esta montaxe que a propia compañía define como "teatro de peto". A proposta interpretada por Roberto Leal e Xosé Luís Bernal "Farruco" dará paso á nova carteleira trimestral da sede do Centro Dramático Galego (CDG), na que figuran unha ducia de títulos e programas escénicos e cinematográficos.
[24/04/2017] O espectáculo do Centro Dramático Galego Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, remata esta semana a súa primeira quenda de representacións no Salón Teatro de Santiago con catro pases matinais. Estas funcións, programadas desde hoxe e ata o xoves 27 ás 10.30 horas, forman parte da campaña escolar que desenvolve a compañía pública para alumnado de máis de 16 anos de idade e para a que xa está confirmada a participación de seis centros educativos.
[18/04/2017] O Café Bar Derby de Santiago, un dos lugares frecuentados por Ramón María del Valle-Inclán durante a súa estadía en Compostela, acolleu hoxe a presentación de Martes de Carnaval, a produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 20, ás 21.00 horas, na súa sede do compostelán Salón Teatro. Será a primeira ocasión na que soen en galego sobre un escenario as obras de Valle As galas do defunto e A filla do capitán, que integran a proposta da compañía da Xunta de Galicia e reúnen os elementos característicos do esperpento desenvolvido polo gran autor arousán.
[15/04/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) ultima os ensaios de Martes de Carnaval, a nova produción que a compañía teatral da Xunta de Galicia estrea o vindeiro xoves 20 na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Será a primeira vez que se poñan en escena en galego os esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán, as dúas pezas do espectáculo, dirixido por Marta Pazos (na imaxe), cun elenco de 10 intérpretes e un equipo artístico de 13 recoñecidos profesionais de toda a Península.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 Ver novas anteriores