[29/11/2016] As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago destacados profesionais dos distintos ámbitos implicados na escrita teatral e a creación escénica. O Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA organizan este encontro co obxectivo de analizar desde un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia, ao tempo que se busca darlle unha maior visibilidade social.
[24/11/2016] O Centro Coreográfico Galego (CCG) entra na recta final da xira que está a levar a cabo en 2016 con ‘As catro estacións’, a súa última produción propia, que representará este sábado 26, ás 21.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A través das coreografías creadas especificamente por Iker Gómez e Kenneth Tindall, neste espectáculo a compañía pública achégalle ao público a súa recreación en clave contemporánea da famosa composición clásica de Antonio Vivaldi.
[23/11/2016] Pontevedra é a próxima parada na xira que o Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver con ‘Tartufo’, a súa última produción propia, que representará o vindeiro venres 25, ás 20.30 horas, no Auditorio Afundación. A compañía pública galega entra así no ecuador do percorrido deste espectáculo por un total de nove localidades, tras a estrea e temporada de exhibición na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela.
[17/11/2016] O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este sábado 19 de novembro, ás 20.30 horas, a representación de 'As catro estacións’, produción do Centro Coreográfico Galego que, desde a danza, lle achega ao público unha ollada contemporánea desta coñecida composición clásica asinada por Antonio Vivaldi.
[27/10/2016] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa desenvolvendo a xira galega do seu último espectáculo, ‘Tartufo’, que esta fin de semana chegará á Coruña para ofrecer dúas funcións no Teatro Rosalía Castro o sábado 29 e o domingo 30, ás 20.30 horas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores