Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O Salón Teatro acolle a Matarile para 10 funcións de 'Fráxil', en coprodución co Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid

[09/05/2023] O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.

MAÑÁ 4 DE MAIO, NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

O festival Escenas do Cambio acolle a estrea de 'Afectos', de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Documento anexo

[03/05/2023] O festival de danza, teatro e arte en acción Escenas do cambio —promovido pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura— comeza mañá xoves 4 de maio tres xornadas dedicadas ás artes escénicas de vangarda. A obra itinerante Aquí mentres camiñamos, do brasileiro Gustavo Ciríaco e a austríaca Andrea Sonnberger, será a encargada de inaugurar esta novena edición, cunha orixinal proposta na que público e artistas compartirán unha experiencia de descubrimento polas rúas de Santiago de Compostela.

O lanzamento desta iniciativa responde a unha das medidas do Plan Integral para a Danza de Galicia

A Xunta edita o novo catálogo 'Danza Galicia' con 89 espectáculos de 36 compañías profesionais Documento anexo

[28/04/2023] A Xunta acaba de publicar a primeira edición do catálogo dixital Danza Galicia co fin de contribuír a unha maior visibilidade dos espectáculos coreográficos producidos na nosa Comunidade mediante a súa promoción en encontros considerados estratéxicos para o sector. É o caso do festival Dansa Valéncia, que a semana pasada congregou uns 180 axentes culturais de toda España e do estranxeiro e no que arrancou a difusión desta nova publicación na que se recollen 89 espectáculos de 36 compañías profesionais.

O OBXECTIVO DO ENCONTRO É A ANALISE E A PROPOSTA DE FÓRMULAS QUE PERMITAN AUMENTAR OS ÍNDICES DE EXHIBICIÓN DOS ESPECTÁCULOS DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO

A Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural reúnen máis de 60 axentes do sector na xornada 'Diálogos de danza'

[28/03/2023] Máis de 60 persoas están a participar hoxe na xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que ten lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo a organización da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O encontro insírese no marco das medidas recollidas no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a partir dun proceso aberto e participativo co sector, que fai fincapé na necesidade de abrir foros periódicos de colaboración e debate cara ao deseño de novas iniciativas de impulso e promoción no ámbito da danza e as artes do movemento.

ESTRÉASE ESTE VENRES 31 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O Centro Dramático Galego recupera a Xohana Torres para o teatro coa primeira montaxe profesional de 'Un hotel de primeira sobre o río' Documento anexo

[28/03/2023] O Centro Dramático Galego recupera para as táboas a Xohana Torres coa estrea este venres 31 da primeira produción profesional da súa obra Un hotel de primeira sobre o río, que estará en cartel no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 30 de abril. Gonçalo Guerreiro e María Torres dirixen esta nova proposta da compañía da Xunta de Galicia, afondando na poética e no estilo persoal desta gran autora galega desde unha perspectiva contemporánea que non perde a acidez, a ironía e o drama presentes no texto orixinal, gañador do Premio Castelao en 1968.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: