AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

O CCG AMPLIOU O NÚMERO DE PRAZAS EN RESPOSTA Á DEMANDA REXISTRADA

Gran acollida do taller de danza clásica da mestra Virginia Valero

[14/07/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro venres na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un obradoiro de danza clásica coa mestra Virginia Valero, directora do Conservatorio Superior de Danza de Madrid ‘María de Ávila’.

COA MESTRA EVA PÉREZ ATIENZA

O Centro Coreográfico Galego compartiu co público na praia de Santa Cristina a última sesión do seu curso de Gyrokinesis

[04/07/2014] O Centro Coreográfico Galego organizou este mediodía na praia de Santa Cristina en Oleiros (A Coruña) unha sesión de Gyrokinesis aberta á participación do público xeral. Con esta actividade especial, á que se sumaron 25 persoas, a unidade de danza da Xunta de Galicia pechou o curso que durante esta semana impartiu a bailarina e actriz Eva Pérez Atienza arredor deste método e da súa aplicación á danza clásica.

O INTÉRPRETE ITALIANO E O CLAVECINISTA NEOIORQUINO KENNETH WEISS EXECUTARÁN UN PROGRAMA BASEADO NAS SONATAS PARA VIOLÍN E CLAVE DE BACH

A Consellería de Cultura e Educación colabora co festival 'Vía Stellae' no concerto que o violinista Fabio Biondi ofrecerá no Salón Teatro Documento anexo

[30/06/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá mañá martes 1 de xullo un concerto do violinista italiano Fabio Biondi como escenario colaborador do festival de música ‘Vía Stellae’ que o Concello de Santiago está a desenvolver desde o pasado 20 de xuño e ata o próximo día 15 en distintos espazos de Compostela.

IMPARTIDO POR EVA PÉREZ ATIENZA, CELÉBRASE DESDE MAÑÁ E ATA O 4 DE XULLO

O CCG inaugura o programa formativo 2014 cun curso de Gyrokinesis e danza clásica adaptada

[29/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá comezo mañá ao plan formativo do Centro Coreográfico Galego (CCG) para 2014 co obradoiro ‘Gyrokinesis e danza clásica adaptada’, que a bailarina e actriz Eva Pérez Atienza impartirá ata o venres 4 de xullo na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta de Galicia.

DARÁ COMO RESULTADO DOUS ESPECTÁCULOS QUE SE PRODUICIRÁN EN 2015 E 2016 COA PARTICIPACIÓN DE ALUMNOS GALEGOS E LUSOS

Xesús Vázquez Abad presenta no Salón Teatro o 'Proxecto Nós', que promoverá o desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal

[27/06/2014] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá no Salón Teatro de Santiago o ‘Proxecto Nós Territorio (Es)cénico Portugal Galicia’, que durante os dous vindeiros anos permitirá levar adiante unha ambiciosa experiencia de intercambio e ensino teatral entre os máis importantes teatros públicos e centros de formación en artes escénicas ás dúas beiras do Miño. Unha iniciativa de gran relevancia "para o avance do desenvolvemento dos sistemas teatrais de Galicia e de Portugal, para cada un deles por separado e, sobre todo, para os dous en conxunto", en palabras de Vázquez Abad.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: