Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O ESPECTÁCULO SERÁ UN DOS EIXOS CENTRAIS DA TEMPORADA 2017-2018 DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE SERÁ PRESENTADA Á VOLTA DO VERÁN

O CDG continuará afondando na obra de Valle-Inclán coa produción de 'Divinas palabras'

[22/06/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) continuará afondando na obra de Valle-Inclán na súa próxima temporada escénica, durante a que levará a cabo a produción de Divinas palabras, un dos grandes clásicos teatrais do autor arousán. Tanto os detalles deste novo espectáculo como do resto da programación que a compañía pública desenvolverá no período 2017-2018 daranse a coñecer na presentación pública que terá lugar á volta do verán.

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA REPRESENTARASE MAÑÁ EN GALEGO CON SOBRETÍTULOS

O CDG participa no festival Tercera Setmana de Valencia con 'Martes de Carnaval' e un taller con Fefa Noia Documento anexo

[10/06/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta fin de semana ata Valencia, onde mañá domingo representará a súa produción Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, dentro do festival internacional de artes escénicas Tercera Setmana. A compañía pública tamén está representada neste evento pola súa directora, Fefa Noia, quen foi convidada a impartir hoxe un taller práctico sobre as relacións entre escenografía e dirección escénica.

O XOVES 15 NO AUDITORIO AFUNDACIÓN

'Martes de Carnaval' chega a Pontevedra na recta final da súa xira Documento anexo

[09/06/2017] A primeira versión en galego de Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, chega o vindeiro xoves 15 a Pontevedra da man do Centro Dramático Galego (CDG). O Auditorio Afundación será o escenario da representación, programada para as 20,30 horas, coa que a compañía pública entra na recta final da xira desta produción, integrada polos esperpentos As galas do defunto e A filla do capitán.

A MEDIO CAMIÑO ENTRE O DOCUMENTAL E A FICCIÓN TEATRAL, REPRESÉNTASE DO XOVES 8 AO SÁBADO 10 ÁS 21,00 H

Borja Fernández achega ao Salón Teatro a súa visión da emigración co espectáculo 'Salvador' Documento anexo

[06/06/2017] O creador escénico pontevedrés Borja Fernández instalarase esta semana no Salón Teatro de Santiago para levar a cabo tres funcións de Salvador, espectáculo no que achega a súa visión da emigración a través dun labor de creación persoal e de investigación.

O VENRES 2 E O SÁBADO 3, ÁS 20,30 HORAS

O Teatro Rosalía da Coruña recibe esta fin de semana o CDG para dúas funcións de 'Martes de Carnaval' Documento anexo

[30/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta fin de semana na Coruña o seu espectáculo Martes de Carnaval, que ofrece por primeira vez en galego os esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. O Teatro Rosalía Castro ofrece dúas funcións o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20,30 h., do espectáculo dirixido pola creadora pontevedresa Marta Pazos e interpretado por un elenco de 10 actores e actrices.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: