[12/12/2017] O programa En Residencia do Centro Dramático Galego acolle esta semana a compañía galega Inversa Teatro para poñer en escena os seus dous últimos espectáculos no Salón Teatro de Santiago de Compostela: Fémina sapiens (xoves 14 e venres 15, ás 20,30 h.) e Té con Kant (sábado 16, ás 20,30 h., e domingo 17, ás 18,00 h.).
[30/11/2017] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, inicia mañá a súa programación de decembro, que ofrece unha quincena de citas nas que hai cabida para o circo, as últimas tendencias escénicas e o teatro infantil.
[27/11/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir o proceso de selección de parte do elenco de Divinas palabras, de Valle-Inclán, que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará en primavera de 2018. Con esta nova produción, a compañía institucional continuará afondando na obra do gran autor arousán co obxectivo de avanzar na súa incorporación ao repertorio teatral en galego, como xa fixo este ano con dúas das pezas de Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.
[16/11/2017] O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de La Macana, Pisando Ovos e SóLODOS, as tres compañías seleccionadas para participar no programa de coproducións 2017-2018 da unidade de danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
[07/11/2017] Na corda frouxa é o título do curso sobre fundamentos de teatro aplicados aos espectáculos de circo, que o especialista en clown e teatro físico Emilio Goyanes impartirá no Salón Teatro de Santiago do 4 ao 6 de decembro. O Centro Dramático Galego colabora na celebración na súa sede deste taller, organizado por Pistacatro e que conta tamén co apoio do Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música (INAEM).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores