Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

'AFTERPARTY' É O TÍTULO DO SEU PRIMEIRO ESPECTÁCULO, QUE SE ESTREA ESTE VENRES NA SEDE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, ONDE SE REPRESENTARÁ ATA O DOMINGO

O Salón Teatro acolle o debut da compañía A Feroz dentro do programa de residencias do CDG Documento anexo

[06/02/2018] A Feroz debuta este venres sobre as táboas coa estrea do seu primeiro espectáculo, Afterparty, no Salón Teatro de Santiago. Esta nova compañía galega participa no programa En Residencia do Centro Dramático Galego (CDG), no marco do que esta semana está a recibir asistencia artística e técnica na sede da compañía pública para ultimar a posta en escena da súa montaxe.

 ESCRITO POR ESTHER F. CARRODEGUAS E DIRIXIDO POR XAVIER CASTIÑEIRA, PODERÁ VERSE DO XOVES 25 AO DOMINGO 28

A compañía ButacaZero estrea no Salón Teatro o espectáculo '#camiños' en coprodución co CDG Documento anexo

[23/01/2018] ButacaZero e o Centro Dramático Galego (CDG) presentaron hoxe en Santiago a estrea da súa coprodución #camiños, que terá lugar este xoves 25 no Salón Teatro. O espectáculo poderá verse ata o domingo 28 de xaneiro na sede da compañía da Xunta de Galicia, onde o equipo ultima esta posta en escena desde o pasado día 15 como parte do programa En Residencia do CDG.

ESTRÉASE O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO

Cincuenta e catro actrices e actores participan nas audicións do CDG para o espectáculo 'Divinas Palabras'

[16/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver durante esta semana as probas de interpretación para seleccionar parte do elenco da súa próxima produción, Divinas palabras, de Valle-Inclán. Cincuenta e catro intérpretes (30 actrices e 24 actores) participan nestas audicións para sete dos nove personaxes da que será a primeira versión en galego desta "traxicomedia de aldea", como a subtitulou o propio autor.

'RÉQUIEM POR UN MONICREQUE' REPRESÉNTASE DO XOVES 11 AO DOMINGO 14

Os Monicreques de Kukas levan ás táboas do Salón Teatro a obra coa que Roi Vidal gañou o Barriga Verde Documento anexo

[09/01/2018] A histórica compañía compostelá Os Monicreques de Kukas presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago Réquiem por un monicreque, montaxe que leva ás táboas o texto polo que Roi Vidal Ponte obtivo en 2016 o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, na modalidade para público adulto, convocado pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Trátase, ademais, dun dos 31 espectáculos adxudicatarios en 2017 das subvencións da Agadic á produción escénica galega.

ÁBRESE ATA O 22 DE XANEIRO O PRAZO DE SOLICITUDE

O CDG crea o Grupo DramaturXa baixo a coordinación de Manuel Lourenzo Documento anexo

[03/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir o proceso de selección dos dez autores e autoras que formarán parte do primeiro Grupo DramaturXa, baixo a coordinación do escritor e director escénico Manuel Lourenzo. Esta nova iniciativa xurde ao abeiro do programa Dramaturxente de apoio, fomento e promoción da autoría teatral galega contemporánea, que a compañía pública mantén en colaboración coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: