[30/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta fin de semana na Coruña o seu espectáculo Martes de Carnaval, que ofrece por primeira vez en galego os esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. O Teatro Rosalía Castro ofrece dúas funcións o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20,30 h., do espectáculo dirixido pola creadora pontevedresa Marta Pazos e interpretado por un elenco de 10 actores e actrices.
[29/05/2017] Por segundo ano consecutivo, o Salón Teatro de Santiago será un dos espazos que acolla a carteleira de filmes da duodécima Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego. A partir de mañá e ata o día 3 de xuño, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) transformarase nunha sala de cinema, na que se poderán ver 13 películas galegas e de fóra de Galicia.
[28/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata o 11 de xuño o prazo de inscrición para os dous cursos de verán que ofrecerá durante o mes de xullo na súa sede do Salón Teatro de Santiago. O traballo corporal centrará ambos os encontros, que serán impartidos por David Luque e Daniel Abreu do 17 ao 21 e do 24 ao 28 de xullo, respectivamente.
[26/05/2017] O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) ofrecerá mañá, ás 18,00 h., na súa sede da Coruña a proxección do filme Esperpentos, de José Luis García Sánchez, nunha sesión especial que aborda a adaptación cinematográfica da obra de Valle-Inclán. O pase está programado de xeito previo ás funcións que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá a vindeira semana na cidade coa súa última produción, Martes de Carnaval, realizada tamén a partir de dúas pezas do autor arousán.
[25/05/2017] A carteleira do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro continúa coa súa programación para o mes de maio coa chegada da compañía viguesa Avento Producións Teatrais, que representará ata o domingo a obra BU21, un texto do británico Stuart Slade dirixido por Xoán Abreu.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores