[11/12/2018] O equipo da compañía Inversa Teatro inicia hoxe unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e de formar parte do seu trío interpretativo xunto a María Roja e Silvia Penas.
[07/12/2018] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a Xerpo Teatro, compañía residente da Sala Ingrávida do Porriño, co seu espectáculo Casquería e outras vísceras. Irene Moreira asina a dirección e dramaturxia desta montaxe, que Olga Cameselle e Álex Sobrino interpretarán na sede do Centro Dramático Galego (CDG) mañá sábado 8, ás 20,30 h., e o domingo 9, ás 18,00 h.
[04/12/2018] Neorretranca e posmorriña será o título da próxima produción propia do Centro Dramático Galego, que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se se lle dá publicidade á convocatoria do proceso de selección das 10 actrices e actores que porán en escena o novo proxecto da compañía pública, con data de estrea prevista para o 11 de abril.
[28/11/2018] O circo e a danza centrarán a programación desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo Futuro animal, da compañía Twisting the Balance, e o solo coreográfico Toda a beleza do mundo, de María Move.
[19/11/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) e a compañía Pistacatro Produtora colaboran para ofrecerlles aos profesionais do circo e das artes escénicas galegas o taller O actor de circo, por un adestramento creativo, a cargo do italiano Roberto Magro. O encontro, que terá lugar os días 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, será a primeiro das tres actividades formativas previstas dentro da terceira edición de D10! Encontro para a Formación e Innovación en Circo.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 Ver novas anteriores