[10/01/2023] O Centro Dramático Galego inicia hoxe a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago de Compostela, tanto na súa sede do Salón Teatro como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura de Galicia. Destacan nesta carteleira a posta en escena de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río.
[06/01/2023] A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha a segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación 2022-2023 coa convocatoria do proceso de selección de proxectos para a coprodución dun espectáculo teatral a partir de Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, cunha achega económica de 15.000 euros. A autora elaborou o texto como gañadora da primeira fase desta iniciativa, impulsada por segundo ano consecutivo polo Centro Dramático Galego en colaboración con diferentes colectivos do sector cultural galego co fin de ofrecer un acompañamento integral a unha peza teatral, desde a propia escrita ata a súa produción e distribución.
[26/12/2022] As adaptacións dramáticas dos últimos dous espectáculos do Centro Dramático Galego, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' e de 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', incorpóranse á colección editorial 'O papel do teatro', que chega así aos once libros publicados en réxime de coedición entre a Xunta de Galicia e Edicións Positivas.
[19/12/2022] O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, presentaron esta mañá Phone, o proxecto que o Goberno galego lidera xunto a nove socios internacionais co obxectivo de contribuír á salvagarda da diversidade cultural e lingüística en Europa conectando as persoas a través do teatro.
[29/11/2022] As instalacións do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela acollen estes días a primeira quenda dos ensaios de Un hotel de primeira sobre o río, baixo a dirección artística de María Torres e Gonçalo Guerreiro. Esta nova produción da unidade teatral da Xunta de Galicia chegará aos escenarios a próxima primavera, no que será o primeiro espectáculo profesional a partir deste texto de Xohana Torres, recoñecido co Premio Castelo en 1968.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 Ver novas anteriores