Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

TRÁTASE DUN SERVIZO GRATUÍTO PARA QUE A CATIVADA POIDA GOZAR DUN OBRADOIRO IMPARTIDO POR ELEA LÓPEZ NA FUNDACIÓN GRANELL MENTRES OS SEUS MAIORES ASISTEN AO ESPECTÁCULO

Iniciamos os Domingos de Conciliación de 'Neorretranca e posmorriña' con talleres de artes escénicas para nenas e nenos Documento anexo

[12/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia pasado mañá os Domingos de Conciliación asociados á representación da súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, no Salón Teatro de Santiago. Trátase dun servizo gratuíto pensado para que as nenas e nenos gocen dun taller de artes escénicas mentres os seus maiores asisten ao espectáculo.

GENA BAAMONDE DIRIXE A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO ATA O 5 DE MAIO

O CDG estrea este xoves 'Neorretranca e posmorriña' nunha aposta por reflectir a diversidade da nova dramaturxia galega Documento anexo

[09/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por un elenco de 10 actrices. Baixo este título, a compañía pública pon en escena as pezas Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte, que lle ofrecen ao público dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega como punto de partida común.

ABERTO O PRAZO DE RESERVA PARA AS CATRO QUENDAS DE VISITAS GRATUÍTAS DO MÉRCORES 27 DE MARZO

Celebramos co público o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas na nosa sede

[22/03/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá co público a celebración do Día Mundial do Teatro o vindeiro mércores 27 de marzo cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago. Como en anos anteriores, o programa de visitas guiadas Que se agocha tras o pano? ofreceralles aos asistentes un percorrido polas instalacións do Salón Teatro, ao tempo que lles permitirá coñecer a historia deste edifico da zona histórica compostelá e se achegar ao traballo cotiá do oficio teatral.

EN SANTIAGO, DO XOVES 28 DE FEBREIRO AO DOMINGO 3 DE MARZO

Contraproducións e CDG estrean no Salón Teatro a comedia 'A compañeira de piso' con Rebeca Montero e Patricia Vázquez Documento anexo

[26/02/2019] A compañía galega Contraproducións e o Centro Dramático Galego (CDG) estrean este xoves 28 no Salón Teatro de Santiago o espectáculo A compañeira de piso, desenvolvido co apoio da Xunta ao abeiro do programa de coproducións da compañía pública. As actrices Rebeca Montero e Patricia Vázquez poñen en escena a adaptación desta comedia da norteamericana Jen Silverman sobre dúas mulleres maduras que, con situacións contrapostas, se enfrontan a un importante cambio vital.

DO XOVES 21 AO DOMINGO 24 DE FEBREIRO

O CDG ábrelle as portas do Salón Teatro á comedia 'O furancho' de Ibuprofeno Documento anexo

[19/02/2019] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun "resort vitivinícola" para acoller a premiada comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: