[18/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) retoma mañá as funcións para público xeral da súa nova produción propia, Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar, así mesmo, o primeiro dos dous Encontros co Público desta produción, durante os que os espectadores que asistan aos pases dos xoves terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo artístico do espectáculo ao remate da súa representación.
[10/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe a estrea de Divinas Palabras Revolution, a súa nova produción propia, que erguerá por primeira vez o pano este xoves 12, ás 21,00 h., no Salón Teatro de Santiago. Na sede da compañía pública poderá verse ata o 29 de abril, con catro funcións semanais para público xeral e pases matinais para escolares, antes de iniciar unha xira de dous meses por outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español de Madrid.
[01/04/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) encara xa a recta final da produción do seu novo espectáculo, Divinas Palabras Revolution, que o equipo artístico e técnico continúa a ensaiar no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A estrea terá lugar o xoves día 12 neste mesmo espazo, sede da compañía pública, onde están programadas máis de dúas semanas de representacións tanto para público xeral como en campaña escolar.
[23/03/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio do Salón Teatro e a súa historia, ao tempo que lles permitirá coñecer máis a fondo o día a día nos escenarios.
[14/03/2018] Cumprido o primeiro mes de ensaios de Divinas Palabras Revolution, o novo espectáculo que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, o seu equipo artístico e técnico avanza na materialización de todos os elementos escénicos que contribuirán a situar no tempo presente a coñecida obra de Valle-Inclán.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 Ver novas anteriores