Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A NOSA SEDE ACOLLERÁ ATA FINAIS DE ANO UNHA DECENA DE ESPECTÁCULOS, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES

O CDG retoma a actividade do Salón Teatro de Santiago cunha residencia artística do proxecto 'Camiño Escena Norte'

[02/09/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) abre a nova temporada de actividade no Salón Teatro de Santiago, que desde hoxe e ata o vindeiro domingo 8 acollerá unha das residencias artísticas do programa Camiño Escena Norte de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco. A Xunta apoia economicamente o programa de exhibición e de actividades paralelas que terá lugar en Galicia dentro deste proxecto, promovido polas principais asociacións empresariais de produción escénica das comunidades polas que discorre a ruta de peregrinación do Camiño do Norte.

O PRAZO DE SOLICITUDE FINALIZA O 27 DE SETEMBRO

A Xunta abre o proceso de selección para a coordinación do Departamento de Produción Teatral da Agadic Documento anexo

[30/08/2019] A Xunta acaba de poñer en marcha o procedemento público para a provisión do posto de Coordinación do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que inclúe a dirección artística do Centro Dramático Galego (CDG) e a xestión do Salón Teatro de Santiago de Compostela.

LEVAN POR TÍTULO 'MEDULA', 'BAILAR AHORA' E 'E-MIGRANTAS', RESPECTIVAMENTE

A Xunta coproduce os novos espectáculos de danza de Artestudio, Marta Alonso e Kirenia Martínez

[05/08/2019] A Consellería de Cultura e Turismo coproducirá os novos espectáculos de danza Medula de Artestudio, Bailar ahora de Marta Alonso e E-migrantas de Kirenia Martínez. Estes tres proxectos son os beneficiarios da convocatoria publicada en xuño pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de seleccionar os títulos do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego para a temporada 2019-2020.

DESPEDIRASE DO PÚBLICO TRAS TER OFRECIDO UNHA TRINTENA DE REPRESENTACIÓNS EN OITO ESCENARIOS

O Centro Dramático Galego remata mañá no Teatro Afundación de Vigo a xira do espectáculo 'Neorretranca e posmorriña' Documento anexo

[04/07/2019] O espectáculo de Centro Dramático Galego (CDG) Neorretranca e posmorriña remata a súa xira mañá venres ás 20,30 h. no Teatro Afundación de Vigo, onde se despedirá do público tras ter ofrecido unha trintena de funcións en oito escenarios galegos.

O PRIMEIRO DELES ESTÁ A SER IMPARTIDO ESTA SEMANA POR CARMEN PARIS

O Centro Coreográfico Galego inicia unha nova edición dos seus cursos de verán con seis encontros ata agosto Documento anexo

[03/07/2019] O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de cursos de verán, que durante este mes de xullo e ata primeiros de agosto ofrecerá seis encontros formativos na súa sede da Coruña. Clásico, contemporáneo, musical jazz e tap dance son os catro estilos arredor dos que xiran os obradoiros deste ano, para os que a unidade de danza da Consellería de Cultura e Turismo volve contar con recoñecidos profesionais no seu ámbito, como Carmen Paris, Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: