Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

NAS DÚAS VINDEIRAS FINS DE SEMANA

O CDG abre os camerinos, as oficinas e a biblioteca da súa sede para a terceira edición do ciclo Teatro Ob-sceno Documento anexo

[16/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollerán as seis pezas desta edición, que se desenvolverá nas dúas vindeiras fins de semana.

ABERTO O PRAZO PARA AS TRES QUENDAS DE VISITAS GUIADAS DO VENRES 17

O CDG celebra as Letras Galegas con tres montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas

[14/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Esta carteleira inclúe os espectáculos de Redrum Teatro A nena que quería navegar, Contos do recreo e Invisibles, este último realizado en coprodución coa compañía da Xunta, que para o propio día 17 organizou, así mesmo, unha xornada de portas abertas e o inicio dunha nova edición do ciclo Teatro Ob-sceno.

SERÁ DO 20 AO 24 DE MAIO

O Salón Teatro acolle a proxección das nove películas que integran a II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney Documento anexo

[13/05/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela será a sede da II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney, que proxectará nove títulos de ficción e documentais de recente produción, coa finalidade de estreitar lazos entre España e América a través do audiovisual. Por este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de prensa na que o director do certame, Alberto Domínguez Ojea, deu conta desta iniciativa organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

A CONTINUACIÓN, PODERÁ VERSE EN PONTEVEDRA, A CORUÑA, O BARCO, RIANXO E TUI

'Neorretranca e posmorriña' inicia a súa xira mañá en Tui Documento anexo

[09/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) arranca a xira da súa produción Neorretranca e posmorriña mañá venres en Tui, onde chega tras unha estadía dun mes na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esta será a primeira parada no percorrido galego deste espectáculo, que poderá verse tamén en Pontevedra, A Coruña, O Barco de Valdeorras, Rianxo e Vigo.

A MONTAXE DE CONTRAPRODUCIÓNS ESTÁ DIRIXIDA POR CÁNDIDO PAZÓ E INTERPRETADA POR CÉSAR CAMBEIRO, ALBA BERMÚDEZ E ADRIÁN RÍOS

O Salón Teatro acolle o espectáculo sobre a figura de Eduardo Pondal 'Fillos do sol' Documento anexo

[06/05/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Contraproducións con sete pases do espectáculo Fillos do sol, unha proposta escénica de Cándido Pazó arredor da figura do escritor Eduardo Pondal e do seu poema épico Os Eoas. Serán catro funcións para público xeral, do xoves 9 ao domingo 12, e outras tres dirixidas a escolares, nos días lectivos.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: