Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, DESDE MAÑÁ E ATA O DOMINGO

ArtesaCía representa a comedia 'Chola a it girl' no Salón Teatro dentro do programa de residencias artísticas do CDG Documento anexo

[30/01/2019] ArtesaCía traballa esta semana na sede do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago, onde desde mañá día 31 ao domingo 3 de febreiro representará a comedia Chola a it girl. Farao como unha das cinco compañías que participan esta temporada no programa de residencias artísticas da compañía pública, que pon á súa disposición as instalacións da súa sede e o apoio do equipo técnico para ultimar ou perfeccionar as súas propostas.

CREADO XUNTO Á COMPAÑÍA COLOMBIANA EL ARCA DE N.O.E., REPRESENTARASE NO SALÓN TEATRO DO XOVES 24 AO DOMINGO 27

Berrobambán e o Centro Dramático Galego estrean en Santiago a coprodución internacional 'Doppelgänger' Documento anexo

[23/01/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo internacional Doppelgänger, resultado dun proceso de creación colaborativo entre a compañía galega Berrobambán e a colombiana El Arca de N.O.E. co apoio da unidade de produción teatral da Xunta. O espectáculo, que toma o seu título do termo alemán que significa "o dobre que camiña ao lado", poderá verse na sede do Centro Dramático Galego ata o día 27, con funcións ás 20,30 h. de xoves a sábado e ás 18,00 h o domingo.

PRODUCE 'NEORRETRANCA E POSMORRIÑA' E PARTÍCIPA NOUTROS CINCO ESPECTÁCULOS EN RÉXIME DE COPRODUCIÓN

A Identidade e a nova dramaturxia de Galicia protagonizan a temporada do Centro Dramático Galego Documento anexo

[21/01/2019] O impulso á dramaturxia galega contemporánea e a reflexión sobre a nosa identidade como pobo centran unha parte importante da nova temporada escénica do Centro Dramático Galego (CDG), que foi presentada hoxe na súa sede do Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así, arredor deste dous eixos xira a nova produción propia da compañía da Xunta, 'Neorretranca e posmorriña', que dirixirá Gena Baamonde a partir dos textos 'Sinfonía en sol maior ou non', de Esther Carrodeguas, e 'Boisaca ou a divina desgraza', de Roi Vidal Ponte.

'GO ON!' o venres 18 e 'D.E.P. DESCANSE EN PAZ' o sábado 19

O Salón Teatro recibe a compañía Malasombra con dúas das súas comedias máis coñecidas Documento anexo

[16/01/2019] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Malasombra Producións con dúas das comedias máis coñecidas desta compañía galega: Go On, o venres 18 ás 20,30 h., e D.E.P. Descanse en paz, o sábado 19 á mesma hora.

'MASA MADRE + SAL MARINA', 'ESO QUE VI' E 'O QUE SEGUE'

O programa de residencias do CDG presenta no Salón Teatro tres pezas de Proxecto Pank con Funboa Escénica Documento anexo

[09/01/2019] O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, achegaralle ao público tres pezas escénicas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica. Este Ciclo Pank 2019 arrancará co espectáculo Masa madre + Sal marina, que o binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García representará este venres 11 e o sábado 12 de xaneiro, ás 20,30 h.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: