AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

A OBRA, RECOMENDADA PARA NENOS E NENAS PARTIR DE OITO ANOS DE IDADE, PODERÁ VERSE ÁS 18.30 E ÁS 21:00 HORAS

A compañía Matrioshka presenta 'Manawee' este sábado en función dobre no Salón Teatro Documento anexo

[11/02/2016] A compañía galega Matrioshka representará este sábado día 13 de febreiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu último espectáculo, ‘Manawee’, unha proposta para público familiar que fala das emocións da última etapa da infancia, e que poderá verse no espazo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en dobre función, ás 18.30 e ás 21.00 horas.

ÁS 20.30 HORAS NO SALÓN TEATRO

A Escola da Noite de Coimbra presenta mañá en Santiago 'A canoa', versión portuguesa da obra de Cándido Pazó 'A piragua' Documento anexo

[27/01/2016] O Salón Teatro de Santiago recibe mañá xoves a compañía lusa A Escola da Noite, de Coimbra, para a presentación en Galicia do seu espectáculo ‘A canoa’, versión portuguesa da obra de Cándido Pazo ‘A piragua’ que o Centro Dramático Galego (CDG) estreara en 2007. O autor galego é tamén o director desta montaxe, que se representa ás 20.30 horas.

ESTE VENRES 8 DE XANEIRO, ÁS 20.30 HORAS

A primeira adaptación teatral de 'Querido Tomás', de Xosé Neira Vilas, abre a carteleira de 2016 do Salón Teatro

[06/01/2016] O Salón Teatro de Santiago abre a súa carteleira de 2016 coa estrea este venres día 8 da montaxe ‘Querido Tomás’, primeira adaptación teatral da novela homónima de Xosé Neira Vilas. Con esta función, programada para as 20.30 horas, culmina o proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de novembro.

PAULA QUINTAS E MARTA ALONSO INTERPRETAN ESTA PROPOSTA DE TRASPEDIANTE PARA TODOS OS PÚBLICOS

O Salón Teatro despide mañá unha carteleira anual de 210 funcións coa estrea do espectáculo de danza-circo 'Up2Down' Documento anexo

[29/12/2015] A compañía TrasPediante, co espectáculo de danza-circo ‘Up2Down’, ofrecerá mañá 30 de decembro ás 18:00 horas a última representación de 2015 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rematará coa estrea desta montaxe dirixida a todos os públicos unha intensa carteleira anual que estivo conformada por 210 funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.

OCUPARÁ O POSTO DE COORDINADORA DO DEPARTAMENTO DE PRODUCIÓN TEATRAL DA AGADIC

A directora e dramaturga compostelá Fefa Noia será a nova responsable do Centro Dramático Galego Documento anexo

[21/12/2015] O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: