Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

Hoxe desenvolveuse a sesión ‘Monetiza a túa música’, no marco do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais organizado pola Xunta e a Fundación Paideia

Profesionais da música analizan no Salón Teatro a rendibilidade da distribución nas plataformas dixitais

[13/03/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu hoxe a primeira das sesións do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais, organizado pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza. Baixo o título 'Monetiza a túa música en liña', expertos na materia abordaron as vías para rendibilizar a distribución musical a través das plataformas dixitais.

As tres creacións represéntanse os días 13, 14, 21 e 28 de marzo e englóbanse no marco das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021, impulsado pola Xunta

A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego reinterpretan nove textos clásicos no ciclo anovador de 'Clásicas Desfeitas'

[11/03/2021] A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos 'Clásicas desfeitas', coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das 'Residencias artísticas do Gaiás' (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico. Nestas estadías creativas unha trintena de artistas traballaron con nove textos clásicos para reinterpretalos e ofrecer unhas anovadoras versións.

Coa súa adhesión á iniciativa ‘Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas’, promovida pola Asociación Clásicas e Modernas

O Centro Dramático Galego reforzará as accións a prol da igualdade na produción, difusión, gobernanza e comunicación

[08/03/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) da Xunta de Galicia vén de sumarse á iniciativa Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas, promovida pola asociación para a igualdade de xénero na cultura Clásicas e Modernas. O director do CDG, Fran Núñez, formalizou a adhesión xunto coas representantes do colectivo en Galicia Mariana Carballal e Estíbaliz Veiga, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Deste xeito o CDG comprométese a impulsar accións a prol da igualdade nos ámbitos da produción e a difusión, da gobernanza e da comunicación por un período de tres anos, en liña co traballo desenvolvido pola anterior dirección.

O SECRETARIO XERAL DE CULTURA, ANXO M. LORENZO, PRESENTA A PRIMEIRA EDICIÓN, QUE IMPLICA O CDG E OS COLECTIVOS RPM, CHARCO E AÏS

A Xunta pon en marcha na Cidade da Cultura un programa anual de residencias artísticas para afianzala como viveiro creativo

[04/03/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de REGA: Residencias artísticas no Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.

A INICIATIVA TEN COMO OBXECTIVO SACAR O TEATRO Á RÚA OFRECENDO HISTORIAS VIVAS A PARTIR DA MEMORIA URBANA

CDG, Centro #Dramático Nacional, Grupo Chévere e Sala Beckett colaboran na primeira edición do proxecto 'Dramawalker' Documento anexo

[26/02/2021] Dramawalker é un proxecto orientado a crear ficcións sonoras xeolocalizadas como memoria viva dunha cidade que o Centro #Dramático Nacional, coa colaboración do Centro Dramático Galego, o grupo Chévere e a Sala Beckett, emprende esta temporada coa veciñanza de tres cidades españolas. Trátase dunha iniciativa que irá ampliando o seu radio de actuación a novas localidades, tanto da xeografía nacional como a nivel internacional.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: